O Concello do Vicedo inicia a contratación temporal dun arquitecto

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello do Vicedo ten aberto o proceso para a contratación temporal, en réxime laboral, dun arquitecto superior dende o 1 de febreiro ata o 31 de xullo.
8 Xan 2021

O Concello do Vicedo ten aberto o proceso para a contratación temporal, en réxime laboral, dun arquitecto superior dende o 1 de febreiro ata o 31 de xullo. Será unha contratación a xornada parcial (60%) con adscripción ao servizo de urbanismo municipal, xa que "resulta de imperiosa necesidade para que os servizos non se vexan afectados", según sinala a resolución da alcaldía.

As bases do procedemento, que se levará a cabo mediante concurso de méritos, están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

A persoa contratada deberá levar a cabo as funcións para as que a habilita a súa titulación, tales como realizar o seguemento das obras e proxectos que lle sexan asignados, comprobar a axeitada execución das obras, realizar inspeccións ou comprobacións de licenzas de edificación para garantir a legalidade, e redactar informes técnicos para a tramitación de licenzas e expedentes, entre outras.

Os interesados poden presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello ou a través de calquera das demais vías contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 , de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

0.18130111694336