O Consello de Relacións Laborais mediará hoxe na folga da recollida de lixo

TerraChaXa
O Concello de Vilalba agarda que se desconvoque definitivamnete tras aceptar Urbaser a participación do ente galego.
folga recollida lixo vilalba
folga recollida lixo vilalba
13 sep 2023

O Concello de Vilalba agarda que se desconvoque definitivamnete tras aceptar Urbaser a participación do ente galego.

O Concello de Villalba agarda que na xornada de hoxe, xoves 14 de setembro, quede desconvocada definitivamente a folga de recollida de lixo que comezou o 21 de agosto.

Empresa e traballadores están convocados mañá ás 11:00 horas a unha reunión no Concello de Vilalba coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais.

O Concello valora positivamente que Urbaser recapacitara e aceptara a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, tras a súa negativa inicial.

Eduardo Vidal, concelleiro de Servizos de Vilalba, mantivo contactos nos últimos días coa empresa e o representante dos traballadores para expresarlles o compromiso e o esforzo do concello para acordar melloras que serían de aplicación directa na nómina dos empregados nas anualidades 2023, 2024 e 2025.

“Facemos un derradeiro chamamento ao acordo entre ambas partes: os traballadores necesitan estabilidade laboral e salarial, a empresa paz social e a veciñanza de Vilalba un servizo de recollida de lixo que funcione con normalidade”, engade Vidal.

0.18097686767578