O coronavirus deixa 23 casos activos máis na provincia en 24 horas

TerraChaXa
O número de casos activos de coronavirus na provincia segue aumentando e nesta ocasión dá un salto importante ao sumar 23 casos activos máis en 24 horas o que supón un total de 136 na xornada deste mércores.
covid 5084886_1920 e1590045329461
19 Ago 2020

O número de casos activos de coronavirus na provincia segue aumentando e nesta ocasión dá un salto importante ao sumar 23 casos activos máis en 24 horas o que supón un total de 136 na xornada deste mércores. Os ter tres altas no mesmo período, advírtese que os casos novos foron 26.

A situación faise peor ao ter un novo ingreso na UCI, co que xa son 2 nesta sección máis outros catro que se atopan en planta, todos eles no Hula.

No tocante ao histórico, ata o día de hoxe están contabilizados 1.428 casos con 1.263 persoas curadas e 29 falecementos.

Mentres os gromos que se deron ata a data están controlados xurden outros novos como un en Monforte, que comezou con nove casos e agora xa son 28, ou o positivo que dun traballador da residencia do Incio.

GALICIA

A situación en Galicia segue na mesma dinámica e conta con 1.623 casos novos, deles 960 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 145 da de Ourense, 84 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 91 da de Santiago, e 69 da de Ferrol. Estas cifras indican que se trata de 118 casos máis con respecto ao día anterior con subidas en todas as áreas agás en Vigo. Na zona de Cee sumaron un total de 39 casos novos.

Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.563 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.657 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 286.968.

Preocupa tamén a situación nas residencias, xa que hai 17 casos vinculados a estes centros, un máis que o martes que corresponden a 11 usuarios e 6 traballadores.

MÁSCARAS

Por outra banda, a polémica segue en curso polo uso da máscara para protexerse contra o virus xa que unha corriente indica a sú ineficacia mentres continúa o control por parte das autoridades.

0.078197956085205