O DOG publica a utilidade públicade pública da parcelaria en Moncelos

TerraChaXa
O DOG publica o decreto de Medio Rural polo que se declara de utilidade pública unha zona de concentración parcelaria de Abadín.
santiago de moncelos concentracion parcelaria
santiago de moncelos concentracion parcelaria
8 Out 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte tres decretos da Consellería do Medio Rural polo que se declaran de utilidade pública tres novas zonas de concentración parcelaria nos concellos de Abadín, Baños de Molgas e Caldas de Reis, que reorganizarán unha superficie total dunhas 2.333 hectáreas propiedade de máis de 3.000 beneficiarios.   

Así, estes tres novos decretos de concentración parcelaria decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.

Precisamente, cabe sinalar que estes tres procesos foron solicitados por titulares de explotacións e apoiados polos respectivos concellos. No caso da parroquia de Baños de Molgas, hai un total de 21 explotacións, na de Caldas de Reis son 62 e na de Abadín 29, de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona. 

A través destes procesos vaise a mellorar a estrutura territorial da zona, que no caso de Almoite (en Baños de Molgas) implica unha superficie total de 287 hectáreas repartidas en 2.272 parcelarias propiedade de 435 veciños. No caso de Moncelos (en Abadín), a superficie total a reorganizar ascende a 813 hectáreas repartidas en 3.285 parcelas de 630 propietarios. Por último, a parcelaria de Bemil (en Caldas de Reis) suporá a reestruturación de 1.233 hectáreas divididas en 9.519 parcelas de 2.028 veciños. 

0.18478894233704