O FIV de Vilalba 2019 colga o cartel de aforo completo

TerraChaXa
O FIV de Villaba 2019 acaba de colgar o cartel de aforo completo da súa duodécima edición, que se celebrará os días 26 e 27 de abril.
2 Abr 2019

O FIV de Villaba 2019 acaba de colgar o cartel de aforo completo da súa duodécima edición, que se celebrará os días 26 e 27 de abril. Cos abonos esgotados desde principios do mes de marzo, o festival sacou á venda a pasada semana un lote de 200 entradas de día, tamén esgotadas desde esta mesma mañá, confirmándose así o sold out do FIV por cuarto ano consecutivo. La M.O.D.A., Miss Cafeina, Depedro, Marem Ladson e Sidonie Djs subiranse ao Escenario Mahou do festival vilalbés o venres 26 de abril, mentres que, o sábado 27, chegaralles a súa quenda -tamén sobre as táboas do Escenario Mahou- aos Planetas, Iván Ferreiro, Dorian, Siloé e Cheese and Bacon Djs. Pola súa banda, O Sorriso de Julia e a Banda de Música de Vilalba serán as encargadas de amenizar a sesión vermú o mediodía do sábado no Escenario Auditorio.

O FIV de Vilalba 2019 contará, ademais, cun completo programa de actividades paralelas, coas proxeccións das películas 20.000 días na Terra ?un filme sobre o músico e icono cultural Nick Cave, que poderá verse o venres 26, ás 16.30h, no Centro Cultural de Vilalba- e Oasis: Supersonic (sábado 27, ás 16.30h, tamén no Centro Cultural), ademais de dúas charlas sobre industria cultural (venres e sábado, ás 18.30h, no Auditorio Carmen Estévez) e unha exposición fotográfica sobre a Banda de Música de Vilalba (venres e sábado, de 12.00 a 20.00h, no Auditorio Carmen Estévez).

Por terceiro ano consecutivo, Mahou é un dos patrocinadores principais do FIV de Vilalba, completando a oferta de lecer do festival e poñendo de manifesto o seu apoio á música, así como a súa aposta por compartir a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público ao desenvolver experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos.

ACTIVIDADES PARALELAS

O FIV de Vilalba é unha cita para todos os públicos que ofrece formación e gastronomía nunha contorna natural e cultural único. Durante os seus ou?ltimas dúas edicións, o encontro incorporou ao seu programa exposicións, proxección de películas e unha serie de conferencias abertas ao pu?blico sobre tema?ticas relacionadas coa mu?sica, impartidas por grandes profesionais do sector. Nesta duodécima edición do festival, o FIV programou dúas charlas: unha delas a cargo do xornalista musical Javier Becerra, baixo o título Grandes historias do pop para xente pequena, co fin de introducir aos nenos no mundo da música e as súas máis grandes figuras a golpe de diversión e sorpresa (sábado 27 de abril, ás 18.30h, no Auditorio Carmen Estévez).

Pola súa banda, a Social media Manager Ana Medina conducirá a conferencia Que se esconde detrás dos community managers dun festival? (venres 26 de abril, ás 18.30h, no Auditorio Carmen Estévez). Ademais, no FIV proxectaranse as películas 20.000 días na Terra ?sobre o músico e icono cultural Nick Cave- (venres 26 de abril, ás 16.30h, no Centro Cultural de Vilalba) e Oasis: Supersonic -unha mirada á vida e a música da famosa banda británica- (sábado 27 de abril, ás 16.30h, no Centro Cultural de Villaba).

Así mesmo, á cita non faltará tampouco un concerto gratuito o sábado ao mediodía no Auditorio Carmen Estévez, a modo de plataforma para artistas emerxentes, que conta tamén coa participación da Banda de Música de Vilalba, que será a encargada de abrir a sesión cun divertido recital de versións do mellor pop-rock nacional e internacional. Este 2019, a exposición do FIV estará tamén protagonizada pola Banda de Música de Vilalba. A mostra asomarase á historia da formación desde as súas orixes ata a actualidade a través dunha completa colección de fotografías (venres 26 e sábado 27, de 12.00 a 20.00h, no Auditorio Carmen Estévez)

0.10207200050354