O Goberno da Deputación xera 210 novos empregos na provincia en tan só tres meses

TerraChaXa
O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, avanzou este venres que son 210 novos postos de traballo, os que o Executivo Provincial leva xerado, en tan só 3 meses, no conxunto do territorio lugués.
xuntagoberno250817
25 Aug 2017

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, avanzou este venres que son 210 novos postos de traballo, os que o Executivo Provincial leva xerado, en tan só 3 meses, no conxunto do territorio lugués. Fíxoo a través das súas dúas programacións de xeración de emprego directa que na actualidade ten en marcha en toda a provincia: Ben Empregado 3 e DEPUEMPREGO 2.

Son postos de traballo en empresas, entidades, colectivos sociais e municipios de todas as Comarcas, cos que o Goberno da Deputación busca combater o paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES lucenses e colectivos sociais lucenses, así como reforzar a prestación de servizos públicos en todos os Concellos, especialmente en zonas rurais. “Facémolo na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”, destacou.

Santos Ramos explicou que dos 210 novos postos de traballo xerados nos últimos 3 meses en Concellos de todas as Comarcas lucenses, 129 son do Ben Empregado 3 e 81 do DEPUEMPREGO 2. “Representan o 46% da oferta de emprego que poremos a disposición de todos os lucenses mediante estas dúas programacións de xeración de emprego directa na provincia. Pois, hai que ter en conta, que co Ben Empregado 3 xeraremos un total de 150 empregos e co DEPUEMPREGO 2 uns 300”.

“Facémolo con 6,1 millóns de euros, cos que financiamos os custos laborais destes 450 novos traballadores nos 67 Concellos da provincia. Nas vindeiras semanas, ofreceremos os restantes 240 postos de traballo”.

“E este 2017, poremos en marcha novas programación. Polo tanto, este Goberno Provincial fai que a Deputación de Lugo continúe sendo a administración galega que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”, apuntou.

Na Comarca da Terra Chá, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 35 novos empregos en 11 concellos.

- Abadín: catro auxiliares de produción en viveiros
- Begonte: mecánico
- Castro de Rei: operario industrias agroalimentarias, enxeñeiro director de obras, técnico director de obras, operario/peón e auxiliar de enfermería
- Cospeito: pintor - oficial de 2ª, axudante de obrador, community manager, carpinteiro metálico, mozo de almacén e xardineiro
- Meira: axudante camareiro e 2 peóns servicios múltiples
- Guitiriz: técnico en asesoramento contable e fiscal
- Outeiro de Rei: peón e peón limpeza
- A Pastoriza: xardineiro e tres peóns
- Pol: comercial de seguros, contable financeiro, oficial de 1ª e monitor de tempo libre
- Vilalba: auxiliar administrativo, community manager e director técnico deportivo
- Xermade: auxiliar administrativo.

0.17714977264404