Tarefas de verán, si ou non?

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pupitre é a sección do mestre Julio Díaz no que trata os temas de actualidade no ámbito educativo cun toque persoal
julio diaz foto colaborador lugo
julio diaz foto colaborador lugo
10 Xul 2023

Por Julio Díaz

Nada na vida é cuestión de Si ou Non, senón de matices. As tarefas de verán non son una excepción.

Cando nun asunto están implicados moitos axentes, vólvese controvertido e non sempre coinciden as opinións. Iso pasa tamén coa realización das tarefas escolares no verán. Repercute nos rapaces, que son os que teñen que realizalas; nos docentes, si son eles os que as asignan, e nos pais que son os que teñen que implicalos e supervisar que se realizan.

É moi fácil percibir ao remate do curso escolar o enorme cansancio e o desgaste sufrido ao longo do mesmo. Sempre recordo a frase que un bo amigo me repite un día sí e outro tamén, “ non cres que sobrecargamos aos nosos chavales de tarefas e de actividades, algún ten unha axenda máis apretada que a do presidente do goberno”; i é certo, por iso os rapaces no verán deben desconectar, facer outro tipo de actividades lúdicas e de ocio (artísticas, deportivas, culturais, musicais..), e neste mundo cada día máis individualizado e invadido polas “maquinitas” deben aproveitar para relacionarse con otros iguais, visitar amigos e familiares, xogar, saltar, brincar…completar en sí o seu desenrolo persoal, cousa arto difícil durante o curso escolar.

Os nosos rapaces, ao igual cos adultos, precisan de tempo libre e facer de cando en vez un “Kit-Kat” de todo o que supón o traballo realizado ao longo dos interminables cursos escolares.

Cando dan comezo as vacacións o que máis desexan ´´e deixar a rutina do día a día, as tarefas escolares, o traballo e actividades que ocupan milimetricamente o seu quefacer diario durante moitos e moitos meses, como se de un autómata se tratase, e por iso debemos compensalos. Dito isto, aproveitar para remarcar que tampouco supón que non se poida avanzar ou reforzar coñecementos, xa que existen diferentes maneiras de aprender, aproveitando actividades ao aire libre, realizando tarefas domésticas, en servizos comunitarios, en compartir tempo en familia, en viaxes, excursións…Atopar o equilibrio entre realizar algunha tarefa no verán e descansar é o fundamental para acadar un desenrolo saudable dos nosos rapaces. É crucial recoñecer a importancia do tempo libre e do descanso para o seu benestar xeral.

As nenas e os nenos, ao igual que nosoutros, precisan descanso, desconectar das rutinas do curso e divertirse. As vacacións de verán son para os adultos unha etapa de desconexión e deben selo tamén para os seus fillos. Imaxinades por un intre, que cando collas as túas vacacións o teu xefe che diga: “oe fulanito, para non desconectar de todo imos adicar un par de horas, polas mañás, para poñernos ao día da marcha da empresa e así non perdes hábitos de traballo, de 10H a 12H facemos unha “video” e estamos ao tanto de todo”. Gustaríache? Pois a eles tampouco.

Dito todo isto, e sabendo que teñen todo o tempo do mundo por diante, non deben tampouco estar aparcados todo o día co móbil, a tablet ou a videoconsola. O verán ten que servir tamén para desentosicarse un pouquiño dos dispositivos electrónicos e interactuar cos seus, cos amigos ,voltando ao contacto humán tan necesario neste mundo individualista no que nos toca vivir.

realidade virtual
0.18583703041077