O venres pecha o prazo para apuntarse aos postos de traballo do Prende!

TerraChaXa
A Deputación, a través de Axencia de Colocación, mantén aberto ata o venres, 2 de outubro, o prazo para apuntarse nos 14 postos de traballo do Prende! Bota Raíces no Rural, o plan de emprego xuvenil para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e empadroados nos 58 concellos con menos poboación que impulsa o organismo provincial para fixar poboación.
WhatsApp Image 2020 08 21 at 14.33.37
29 sep 2020

A Deputación, a través de Axencia de Colocación, mantén aberto ata o venres, 2 de outubro, o prazo para apuntarse nos 14 postos de traballo do Prende! Bota Raíces no Rural, o plan de emprego xuvenil para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e empadroados nos 58 concellos con menos poboación que impulsa o organismo provincial para fixar poboación.

Os perfís profesionais que buscan as empresas beneficiarias do plan son os seguintes: 1 peón forestal, 2 axudantes de camareiro/a, 1 fontaneiro/a, 4 peóns de gandería, 2 camareiro e 1 administrativo, 1 peón agrícola, 1 bodegueiro/a e 1 oficial de gandería.

Unha vez que remate o prazo de inscrición, a Axencia de Colocación da Deputación fará unha preselección dos perfís que mellor se adapten ás ofertas de traballo, para que, finalmente, sexan as empresas as que seleccionen as persoas contratadas. Poden inscribirse todas as persoas que cumpran cos requisitos, aínda que terán prioridade os participantes na primeira fase do programa Prende!

O Prende! conta con dúas fases. Na primeira, xa rematada, medio cento de mozos e mozas recibiron formación en catro actividades profesionais cun importante peso no tecido produtivo da provincia e que contan cun gran potencial de crecemento: enerxías renovables, hostalería e turismo, xestión forestal e agricultura e gandería.

Na segunda fase, a actual, ofrécese experiencia laboral aos rapaces e rapazas en empresas vinculadas cos anteriores sectores. Para elo, a Deputación abriu a principios de xullo unha convocatoria de axudas directas á contratación dirixidas a empresas e emprendedores. En total, 21 empresas e autónomos da provincia recibirán 125.000€ para contratar a 21 mozos e mozas durante 12 meses, cun salario mínimo de 950€ ao mes. O plan Prende! Bota Raíces no Rural conta cun orzamento de case 300.000 euros, financiado ao 92% con fondos europeos.

0.1738429069519