Os casos de coronavirus na provincia volven a baixar

TerraChaXa
A área sanitaria de Lugo rexistrou o primeiro dato en negativo tralo rebrote de casos da Mariña, concretamente catro menos que onte, 199, e con dúas persoas ingresadas, ambas as no Hospital da Mariña e ningunha na Uci.
covid 19 (5)
12 Xul 2020

A área sanitaria de Lugo rexistrou o primeiro dato en negativo tralo rebrote de casos da Mariña, concretamente catro menos que onte, 199, e con dúas persoas ingresadas, ambas as no Hospital da Mariña e ningunha na Uci. O resto de pacientes, 197, recupérase nos seus domicilios. Desde o inicio da pandemia rexistráronse 980 altas, oito máis desde o sábado, e faleceron 28 persoas.

O brote da Mariña tamén rexistra un caso activo menos que o sábado, ao baixar de 186 a 185, tras ser dadas de alta cinco persoas e rexistrarse catro novos positivos nas últimas horas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén descendeu en 6 é de 253, deles 19 son da área da Coruña, 199 da de Lugo, 4 da de Ourense, 5 da de Pontevedra, 11 da área de Vigo, 14 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 4 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.940 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

 

0.097080945968628