Os populares de Guitiriz, Xermade e Meira lamentan que os alcaldes non solicitansen obradoiros de emprego

TerraChaXa
Os voceiros do PP en Guitiriz, Xermade e Meira, Xosé María Teixido, Antonio Riveira e Ramiro Pérez, respectivamente, lamentan que estes Concellos non solicitaran a implantación dos obradoiros de emprego que financia integramente a consellería de Economía, Emprego e Industria.
13 sep 2018

Os voceiros do PP en Guitiriz, Xermade e Meira, Xosé María Teixido, Antonio Riveira e Ramiro Pérez, respectivamente, lamentan que estes Concellos non solicitaran a implantación dos obradoiros de emprego que financia integramente a consellería de Economía, Emprego e Industria. De feito, este ano a Xunta achega de 5,5 millóns de euros para os 20 obradoiros concedidos na provincia de Lugo, o 100% dos solicitados.

Así, os municipios chairegos de Guitiriz, Xermade e Meira “desperdician a oportunidade de ofrecer contratos de formación a persoas en situación de desemprego durante un período mínimo de 9 meses co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade ao tempo que realizan tarefas en beneficio dos veciños e veciñas destes concellos”.

Polo tanto, os populares consideran “grave” que os Gobernos locais “perderan esta oportunidade por non ter solicitado estes obradoiros que, este ano, inclúen a posibilidade de combinar este contrato de formación e aprendizaxe cun contrato adicional de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial do obradoiro e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro”. Polo tanto, “os veciños e veciñas no paro perderon a posibilidade de mellor as súas aptitudes e tamén a posibilidade de lograr un contrato posterior á finalización do obradoiro”.

“Evidente falta de compromiso co emprego”

Os voceiros de Guitiriz, Xermade e Meira aseguran que “os Gobernos locais evidencian, deste xeito, a súa falta de compromiso coas políticas de fomento do emprego e a súa despreocupación polos prexuízos que lles poidan causar aos posibles beneficiarios”.

“É moi difícil de entender que unha entidade local perda unha axuda da Xunta polo simple

feito de non tela solicitado cando é a administración autonómica a que sufraga

integramente o custe deste tipo de programas”, insisten dende o PP.

Emprego xuvenil

Os populares recordan tamén que a Xunta concedeu na provincia dous obradoiros dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego. Foron os solicitados polos Concellos de Lugo e Ribadeo e permitirán ás 30 persoas seleccionadas, 15 por cada obradoiro, recibir formación durante un período mínimo de 6 meses.

0.12517690658569