Pablo Alvariño, elixido novo secretario xeral e voceiro do PSdeG en Cospeito

TerraChaXa
O PSdeG provincial reafirma o seu compromiso co fortalecemento das agrupacións locais da provincia e coa preparación dun proxecto sólido de cara ás vindeiras eleccións municipais
pablo-alvarino-psoe-cospeito
22 Jun 2026

A Asemblea Extraordinaria da agrupación socialista de Cospeito, celebrada na tarde do venres 19 de xuño, acordou a elección e constitución da nova Comisión Executiva Municipal do PSdeG no municipio, así como a elección do novo voceiro no concello.

No encontro, a militancia socialista elixiu a Pablo Alvariño como novo secretario xeral e voceiro municipal do PSdeG de Cospeito.

Dende a dirección provincial do PSdeG de Lugo sinalan que este proceso permite cubrir as vacantes existentes e avanzar na normalización orgánica e política da agrupación, dende a participación democrática da militancia e co obxectivo de seguir traballando a nivel municipal ao servizo das veciñas e veciños do Concello de Cospeito.

O PSdeG provincial de Lugo reafirma o seu compromiso co fortalecemento das agrupacións locais da provincia e coa preparación dun proxecto sólido de cara ás vindeiras eleccións municipais.

A nova Comisión Executiva Municipal de Cospeito queda integrada cos seguintes cargos:

  • Secretaría Xeral - Pablo Alvariño
  • Secretaría de Organización - Servando Otero
  • Secretaría de Política Municipal - José Ramón Chao
  • Secretaría de Medio Rural - Antonio Cupeiro
  • Secretaría de Xuventude e Tempo Libre - Asier Chao
0.09729790687561