Pastoriza presenta unha nova actividade de Work Dance para fomentar o exercicio e o benestar das mulleres

TerraChaXa
A primeira sesión terá lugar o martes 15 de setembro, ás 21.00 horas, na nave do Concello situada no polígono
mulleres-rurais-pastoriza
13 Sep 2026

O Concello de Pastoriza e a asociación de Mulleres Rurais pon en marcha unha nova actividade de Work Dance, unha proposta de exercicio con música pensada para mulleres que buscan coidarse, mellorar a súa forza e sentirse ben mentres desfrutan da actividade.

A primeira sesión terá lugar o martes 15 de setembro, ás 21.00 horas, na nave do Concello situada no polígono. Esta xornada servirá como clase de demostración para que as participantes poidan coñecer a actividade e comprobar todo o que poden conseguir xuntas.

As sesións estarán divididas en tres bloques. O primeiro será de quecemento con movementos dinámicos acompañados de música para preparar o corpo e os músculos. A continuación desenvolverase o traballo de forza, con exercicios específicos para pernas, glúteos, brazos, costas e core, tanto para o tren inferior como para o superior. Finalmente, a actividade rematará cunha fase de relaxación e estiramentos para baixar a intensidade, relaxar o corpo e a mente e mellorar a flexibilidade.

O horario será flexible e poderá adaptarse ás necesidades do grupo. A actividade terá un custo de 25 euros ao mes e desenvolverase dous días á semana, combinando traballo de forza con música e relaxación.

Ademais, as persoas pertencentes á Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza poderán beneficiarse dun desconto. A iniciativa busca crear un espazo no que combinar forza, música e benestar, promovendo ao mesmo tempo a actividade física e o encontro entre as participantes.

0.15361094474792