Quince equipos deportivos da comarca recibiron axudas o ano pasado para equipamento

TerraChaXa
A Xunta de Galicia destinou o ano pasado máis de 60.000 euros a colaborar con 15 clubs da Terra Chá para adquirir equipamento deportivo.
equipamento deportivo clubs terra cha
equipamento deportivo clubs terra cha
25 feb 2023

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, destinou o ano pasado máis de 60.000 euros a colaborar con 15 clubs da Terra Chá para adquirir equipamento deportivo. 

Así o explicou o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, durante unha xuntanza no estadio Roca con representantes do Racing Vilalbés e doutras entidades beneficiadas por este programa, tanto da comarca como do concello de Outeiro de Rei.  

Arias informou de que xa está publicada a orde de axudas para o funcionamento e desenvolvemento da actividade deportiva, cuxo prazo para presentar as solicitudes ampliouse ata o 13 de marzo.

Na reunión participaron, ademais do Racing Vilalbés, o Vilalba Fútbol Sala, Agrupación Polideportiva San Ramon de Vilalba, Club Baloncesto Terra Chá, Club de Loita Lugo, Club de Tiro con Arco Guitiriz, Asociación Deportiva Cultural e Recreativa As Canicas de Begonte, Club Fútbol Sala Feminino Castro, Club de Loitas Olímpicas Vilalba, Club Moo Duk Kwan, Sociedade Deportiva Cultural Cabreiros, Club Sociedade Deportiva Muimenta, C.D. Santaballés, Club Unión Pastoricense, S.D. Outeiro de Rei, Club Atlético Illán e Club Deportivo Codesido.

Entre o material que adquiriron figuran unha furgoneta, bicicletas, material de ximnasio, cortacéspedes, marcadores electrónicos, sistemas de cronometraxe, porterías e caixas de primeiros auxilios. A Xunta aporta o 80% do gasto subvencionable ata un máximo de 10.000 euros.