Ramón Villares protagonizará o XVIII Hectómetro Literario do Paseo dos Soños de Vilalba

TerraChaXa
O evento terá lugar este sábado ás 12.00 comezando cunha táboa redonda
Paseo-fluvial-dos-sonos-hectometro-literario
28 Nov 2024

A Irmandade Manuel María e a asociación Xermolos organizarán un acto en Vilalba para homenaxear a Ramón Villares, co do XVIII Hectómetro Literario, nun acto que terá lugar este sábado, 30 de novembro.

O evento comezará ás 12:00 no Muíño do Rañego cunha táboa redonda na que participarán Lourenzo Fernández Prieto, historiador e discípulo de Villares; Emilia García López, responsable de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega; Xosé López García, xornalista e ex-decano de xornalismo; e Loli Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega. A mesa será moderada por Xulio Xiz, xornalista e presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiñá.

Tras o debate, realizarase un percorrido polo Paseo dos Soños, amenizado coa música de Raúl Galego, e procederase á inauguración dun monolito en honra de Ramón Villares, obra do artista Marcos Ladra.

Para finalizar a xornada, organizarase un xantar no Restaurante Cascudo. As persoas interesadas en asistir poden apuntarse chamando ao teléfono 646413890.

hectometro-literario-ramon-villares
0.21108508110046