Restricións na Feira de Parga pola presencia da lingua azul

TerraChaXa
A Asociación de veciños da Feira de Parga recibiu a comunicación da Xunta na que lles informa das restricións ante a presenza da lingua azul
feira de parga6
feira de parga6
29 Abr 2023

A Asociación de veciños da Feira de Parga, organizadora desta cita bimestral, recibiu a comunicación da Xunta na que lles informa das restricións fixadas neste tipo de eventos ante a presenza da enfermidade da lingua azul no termo autonómico e que terá repercusión xa este domingo.

Así, en Parga, que ten o gando ao aire libre, establécese un control de acceso dos exemplares de ovino ou caprino segundo a súa procedencia, e non poderán entrar os que veñan das zonas restrinxidas (Pontevedra, Ourense e as zonas luguesas de Sarria, Quiroga, Chantada e Lemos). No hai gando vacún nesta feira, polo que non se aplicará a normativa a este respecto.

0.18196606636047