Riotorto remata obras de asfaltado e o cambio de cen luminarias

TerraChaXa | AMariñaXa
Riotorto rematou varias obras de asfaltado e cambio de luminarias que se fixeron con cargo ao Plan Marco da Xunta e Plan Único da Deputación.
obras pradocelo asfaltado
obras pradocelo asfaltado
10 dic 2022

O Concello de Riotorto rematou neste mes varias obras de asfaltado e cambio de luminarias que se fixeron con cargo ao Plan Marco da Xunta e Plan Único da Deputación.

Así, finalizaron os traballos na parroquia de Aldurfe, onde se fixeron os accesos da carretera da Deputación ao barrio de Pereiro, no seu límite co Concello da Pastoriza. Trátase dun treito de dous quilómetros que requeriu un investimento de 48.000 euros.

Os traballos, xa rematados consistiron na limpeza de cuentas, debroce e unha capa de rodadura de aglomerado en quete.

Con este mesmo material fixéronse as obras en Praducelo, na parroquia de Órrea, obras tamén con cargo ao Plan Marco da Xunta. Consistiron tamén no acondicionamento dos accesos principais do centro urbano.

Xa con cargo ao Plan Único da Deputación fíxose un nova acción de cambio de luminarias para pasar das lámpadas de socio ás de LED. Cambiáronse un total de cen na recta de Valverde, vivendas comunitarias, campo de fútbol, Cachan, Torrentas e Teixeiro.

Esta non é a primeira tanda de lámpadas que cambian, xa que se trata dun proceso que se está a realizar en varias fases en todo o termo municipal, segundo explicou o alcalde, Clemente Iglesias. Para esta acción tamén contaron con fondos propios, que sumaron á subvención municipal.

obras aldurfe asfaltado