Seis pemes da comarca participan no programa ReAcciona

TerraChaXa
A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia 28 de proxectos de 24 pemes lucenses dentro da primeira convocatoria para este ano do programa ReAcciona para mellorar a competitividade das empresas.
24 Aug 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia 28 de proxectos de 24 pemes lucenses dentro da primeira convocatoria para este ano do programa ReAcciona para mellorar a competitividade das empresas. As achegas suman 110.100 euros e permitirán mobilizar investimentos por importe de 135.000 euros.

Os beneficiarios accederán a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos seus negocios, a profesionalización, a dixitalización e, como novidade este ano, a innovación.

No que respecta á distribución territorial, 10 empresas están situadas en Lugo capital, catro en Vilalba, dúas en Guitiriz e Ribadeo respectivamente, e o resto en Castroverde, O Vicedo, Palas de Rei,  Portomarín, A Pontenova e Sober.

No conxunto de Galicia aprobáronse máis de 262 proxectos, entre os que destacan os apoios destinados á optimización da produción e cadea loxística; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o relanzamento comercial; o deseño de estratexias de márketing de contidos e o apoio das tecnoloxías da información e a comunicación para a adopción de xestión empresarial en mobilidade; ou o asesoramento para o financiamento da innovación e o deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. Tamén se prestarán servizos de asesoramento para o relanzamento comercial, plans de mellora empresarial, xestión financeira ou análise do potencial competitivo, entre outros.

Por sectores, un 35% dos servizos aprobados desenvolveranse no sector servizos; un 25% na industria, un 24% no comercio e a hostelería, un 11% na construción e un 4% no ámbito do transporte e comunicacións.

Nova convocatoria

As pequenas e medianas empresas que desexen participar no programa ReAcciona, que busca achegar as respostas que precisa o tecido empresarial no novo contexto da covid-19, poden solicitalo a través das diferentes convocatorias previstas ata final de ano. Así, nestes momentos está en marcha unha segunda convocatoria que estará aberta ata o 17 de setembro. Posteriormente abriranse outras dúas: do 21 de setembro ao 5 de novembro e do 9 de novembro ao 28 de decembro.

Na iniciativa colaboran a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e conta co cofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa ReAcciona, que conta nesta edición cun orzamento de 4,2 millóns de euros, enmárcase no Igape Responde, unha ferramenta que busca reforzar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a actual situación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17599606513977