Sentury Tire dará prioridade na contratación aos traballadores afectados da central

TerraChaXa
Acordo polo que Sentury Tire se compromete a dar preferencia na contratación aos afectadas polo peche da Central Térmica das Pontes,
Firma Compromiso sentury tire as pontes emprego
Firma Compromiso sentury tire as pontes emprego
28 mar 2023

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e Qin Long, presidente da empresa Sentury Tire, asinaron un acordo polo que a compañía se compromete a dar preferencia na contratación aos traballadores e traballadoras afectadas polo peche da Central Térmica das Pontes, tanto das compañías auxiliares como aos transportistas do cabrón, e a darlles prioridade en todas as accións formativas encamiñadas á selección de persoal.

O rexedor local subliñou a importancia deste acordo para a vila, agradecendo ao presidente da compañía "a súa sensibilidade e compromiso cos traballadores, do municipio e da comarca, afectados polo peche da central de carbón".

"Trátase dunha gran noticia para unha vila acostumada a recibir grandes proxectos industriais que vai facer que As Pontes se converta nun motor industrial. Imos contar coa primeira fábrica de pneumáticos de Galicia e cunha das poucas de España que, xunto co proxecto da bioplanta de Ence e da planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables, vai permitir reactivar o porto de Ferrol e facer que As Pontes sexa un enclave industrial estratéxico para Galicia".

Durante o encontro, o presidente da compañía, Qin Long avanzou que o inicio das obras da planta está previsto para o mes de setembro e o alcalde reiterou o compromiso e a total disposición do Concello das Pontes para "facilitar a implantación da empresa na vila, prestando a súa colaboración nas accións encamiñadas á habilitación do persoal e dándolle prioridade a tramitación de todas as autorizacións e permisos que sexan precisos para reducir os tempos o máximo posible".

O presidente de Sentury Tire realizou unha vista a Seara, acompañado polo alcalde das Pontes, o presidente de Seara, José Castro, a presidenta de Cohempo (Montse Gastelu) e membros da corporación local.

visita seara sentury tire