Só quedan dous ingresados por coronavirus na provincia, os dous na Mariña

TerraChaXa
A provincia vive hoxe unha xornada algo máis tranquila ao alixerar o número de hospitalizados, que pasan de ser 6 a 2.
Captura de pantalla 2020 07 11 a las 14.10.45
11 Xul 2020

A provincia vive hoxe unha xornada algo máis tranquila ao alixerar o número de hospitalizados, que pasan de ser 6 a 2. Os dous que quedan están en Burela, xa que o Hula, ao igual que o de Monforte, xa non teñen ingresados con esta doenza.

Malia esta boa nova en cando ao descenso de hospitalizacións, o número de casos novos continúa aumentando.

Hoxe hai na provincia 203 casos, sete máis ca onte, aínda que en realidade son 20 máis xa que foron dadas 13 altas nas últimas 24 horas. Deste xeito, no total de acumulados a provincia de Lugo chega aos 1.203, con 28 falecidos e 972 altas.

Na Mariña, os casos activos elévanse a 186, catro casos más que onte.

Debido a este incremento, son moitas as medidas que se están a tomar. A Deputación de Lugo efectuou este venres, a través do Consorcio Provincial de bombeiros, os traballos preventivos de desinfección integral nos centros de atención de maiores da Fonsagrada e de Trabada, logo de acometelos onte na residencia de Ribadeo. Con esta medida de reforzo da prevención co fin de minimizar o risco de contaxio ante o rebrote de coronavirus na comarca da Mariña, a institución provincial continúa aplicando as máximas medidas de seguridade para a protección dos usuarios e usuarias da rede provincial de residencias de maiores. Estes traballos preventivos continuarán este domingo na residencia de Pol.

En Galicia, o Sergas informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 259, os mesmos que conte. Deles 22 son da área da Coruña, 203 da de Lugo, 5 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 10 da área de Vigo, 14 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 3 están en unidades de hospitalización e 255 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.926 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
desinfeccion residencias deputacion
0.15275597572327