Supervisan o proceso de concentración parcelaria de Cospeito e Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
As catro novas concentracións en Cospeito e Castro de Rei supoñen a reorganización de algo máis de 2.300 hectáreas de terreo.
concentracion parcelaria castro de rei
concentracion parcelaria castro de rei
13 Xul 2023

Así, estas catro novas concentracións supoñen a reorganización de algo máis de 2.300 hectáreas de terreo que permitirán paliar o minifundismo nesta comarca.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou onte pola mañá as tres novas concentracións parcelarias decretadas no concello lugués de Cospeito e, xa pola tarde, a nova parcelaria decretada no municipio de Castro de Rei. Así, estas catro novas concentracións supoñen a reorganización de algo máis de 2.300 hectáreas de terreo que permitirán paliar o minifundismo nesta comarca.

Neste senso, o titular deste departamento destacou que as novas concentracións parcelarias teñen unha concepción moderna das estruturas, as cales buscan favorecer o desenvolvemento económico das explotacións e reducir os seus custo económicos de produción. Por iso, salientou que o compromiso do Executivo galego é rematar as concentracións que están activas para poder seguir decretando novas parcelarias.

De feito, José González salientou que desde o ano 2020, a Xunta rematou un total de 27 concentracións parcelarias, que abarcaron unha superficie total de máis de 18.700 hectáreas, beneficiando algo máis de 13.200 propietarios que recibiron case 29.300 títulos de propiedade. Así mesmo, engadiu, que dende o 2021 decretáronse 29 concentracións que supoñen a reorganización de 24.000 hectáreas.

No caso concreto de Cospeito, decretáronse tres novas concentracións: a de Lamas, a de Roás e a de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi. Nestas concentracións parcelarias agrúpanse preto de 1.800 hectáreas de terreo distribuídas en case 6.900 parcelas de 1.188 propietarios.

Doutra banda, no concello lindeiro de Castro de Rei, a nova parcelaria de Viladonga conta cunha superficie de 575 hectáreas e está agrupada en 804 predios pertencentes a un total de 173 veciños. Con esta nova concentración, este concello lucense suma un total de 12 parcelarias, das cales 10 están xa rematadas.

Estas concentracións parcelarias son unha clara aposta do Executivo galego pola mellora territorial da nosa Comunidade, subliñou o conselleiro, que se ve reforzada coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Unha norma que entrou en vigor no ano 2021 e coa que se levan mobilizadas arredor de 10.000 hectáreas de terreo, mediante diversos mecanismos de agrupación voluntarios, entre os que destacan os polígonos agroforestais, as aldeas modelo e as permutas de especial interese agrario.

0.16570091247559