Traballadores das auxiliares de Alcoa, a favor de continuar a folga

TerraChaXa | AMariñaXa
A plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao mantiveron unha xuntanza extraordinaria para analizar a situación actual das empresas auxiliares derivada do ERE en Alcoa.
Xardíns entre a avenida Rosalía e a rúa Coronel Andrade
Xardíns entre a avenida Rosalía e a rúa Coronel Andrade
29 Dec 2020

A plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao mantiveron unha xuntanza extraordinaria para analizar a situación actual das empresas auxiliares derivada do ERE en Alcoa.

Nela, os membros da plataforma acordaron que a convocatoria de folga indefinida debe ser mantida en vigor e que a sentenza do TSXG é un paso positivo e importante para todos, "mais non elimina a problemática principal nin obriga a Alcoa a reactivación do 100% da planta".

Dende o pasado mes de abril, cando Alcoa anunciou o paro das labores de rebrascaxe de cubas, case medio cento de traballadores de empresas auxiliares están en ERTE, "e a día de hoxe non saben cando voltarán ó seu posto de traballo, si é que o volven a facer algún día".

"Tal e como o comité de Alcoa expuxo, é imprescindible que a multinacional se sente a negociar de boa fé, reactive a planta e cese nos recortes en investimento. Recortes que están a levar un regueiro de perdida de postos de traballo pouquiño a pouco, tanto na planta de Aluminio como na de Alumina", engaden.

Segundo indican, "derivado da terquedade de Alcoa moitas empresas non están a renovar os contratos dos seus traballadores xa que o futuro da planta é incerto e non hai previsión estable de traballo. Por iso vemos necesaria manter a folga, tal e como o farán os compañeiros de Alcoa, ata que todos os traballadores volvan o seu posto de traballo, ou haxa unha garantía de rendemento pleno da factoría".

COMEDOR

Por outro lado os membros da plataforma acusaron a Alcoa de "discriminación" no servizo do comedor. "Queremos recordar que temos gañado o dereito ó seu disfrute en sentenza xudicial, máis despois de todos estes meses pechado cando volta a reabrir faino cun sistema imposible de exercer o dereito para nós. E a situación agravarase máis si o próximo día 4 volve a xornada partida, e o comedor queda na situación actual", explican.

"Donde imos comer os 1000 operarios de empresas auxiliares? Os valores de Alcoa son deixar sin a posibilidade de comer a tanta xente?", engaden.

0.17162108421326