Vilalba acolle o 17 o primeiro encontro cultural sobre o liño

TerraChaXa
A asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu de Insua organiza o 17 de novembro o I Encontro cultural sobre o Liño, organizado como colofón á celebración da  XI Tasca do Liño.
12
11 Nov 2019

A asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu de Insua organiza o 17 de novembro o I Encontro cultural sobre o Liño, organizado como colofón á celebración da  XI Tasca do Liño.

O obxectivo desta xornada é compartir coñecementos co grupo folclórico Corredoura, outro colectivo que recuperou o traballo desta febra en terras portuguesas e que ademáis nos mostrará o folclore da zona de Guimarães.

Tamén participará o grupo tradicional vilalbésA.C. de Andrade que fará unha maxistral mostra do folclore da terra.

Os actos, que se desenvolverán no Auditorio de Vilalba, terán a súa orixe ás 16.3 horas coa benvida, seguida dunha mesa redonda sobre a historia dos proxectos de recuperación das tarefas do liño. A continuarán terán lugar as diferentes mostras de folclore e de tratamento deste produto natural.

b082702e 8bc1 4608 9ee2 ba0384563667
0.18302297592163