Vilalba celebrará a IV Festa do Samaín con filloeiras de Muimenta, animación musical, procesión e circo

TerraChaXa
Un dos momentos centrais da celebración chegará ás 21.00 horas coa procesión, que sairá da praza de Suso Gayoso e contará coa participación da Escola Municipal de Teatro
celebracion-samain-vilalba-2
20 Oct 2026

Vilalba prepárase para celebrar o vindeiro 31 de outubro a IV Festa do Samaín, unha xornada que encherá a praza da Constitución e as rúas da localidade de actividades, música e ambiente terrorífico.

A programación comezará ás 17.00 horas coa presenza das filloeiras de Muimenta na praza da Constitución. Xa ás 20.00 horas, a animación correrá a cargo de Noxo Me Das, Batifoula, Mato Vizoso, Buxos Verdes, Entre Lusco e Fusco, Andrade e a Coral Polifónica Vilalbesa.

Un dos momentos centrais da celebración chegará ás 21.00 horas coa procesión, que sairá da praza de Suso Gayoso e contará coa participación da Escola Municipal de Teatro.

A festa continuará ás 22.00 horas cunha actuación de forza ígnea da compañía Asacocirco na praza da Constitución, que porá o broche final á programación.

A iniciativa, impulsada pola Concellería de Comercio e Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Vilalba, busca ofrecer unha tarde e unha noite de diversión para todos os públicos arredor dunha das celebracións máis populares do outono.

A organización anima a veciños e visitantes a preparar os seus disfraces e participar nesta cuarta edición do Samaín, que combinará tradición, música, teatro e espectáculos nunha xornada pensada para gozar dunha noite chea de misterio e diversión.

Esta programación súmase á que presentou a alcaldesa, Marta Rouco, a pasada semana e que se centra no día 1.

0.16020202636719