A Deputación logra a inserción laboral de 171 lucenses

TerraChaXa
A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, realizou un balance da xeración de emprego na provincia durante os dous  anos e medio do Goberno na Deputación, despois de anunciar que a Xunta de Goberno aprobou 2 novos empregos  do Ben Empregado 3.
SONSOLES LOPEZ IZQUIERDO XUNTA DE GOBERNO
4 Maio 2018

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, realizou un balance da xeración de emprego na provincia durante os dous 

anos e medio do Goberno na Deputación, despois de anunciar que a Xunta de Goberno aprobou 2 novos empregos 

do Ben Empregado 3. En concreto son: 1 motoserrista, en Trabada; e 1 peón de pedra granítica, no Incio.

López Izquierdo subliñou que “grazas as políticas de emprego que desenvolvemos dende o Goberno da Deputación, acadamos a inserción laboral de 171 persoas participantes nas distintas edicións do Ben Empregado o que supón que o 35% dos beneficiarios deste plan estea traballando unha vez finalizado o período subvencionado polo Executivo Provincial. Esta porcentaxe supera as programacións de emprego doutras administracións coas competencias en emprego, como por exemplo o INEM”.

Ademais, cos programas de emprego do Executivo Provincial hoxe 60 lucenses que estaban no paro conseguiron un contrato indefinido e de calidade. “Coa nosa xestión demostramos que si se quere e se traballa é posible combater a taxa de paro e a precariedade laboral, pero para iso, como digo, hai que querer e ter vontade de facelo, xusto o contrario do que está a facer o PP, que intenta confundir e enganar alardeando dun falso descenso no paro sen ter en conta a baixada poboacional. E o PP tampouco recoñece, cando dá os datos do paro na provincia de Lugo, que nos últimos 7 anos hai 2.000 persoas menos traballando e o 87,3% dos contratos asinados no 1º trimestre da provincia son temporais, a maioría de 1 día ou mesmo de 1 hora. Un auténtico disparate. Ademais as súas políticas conlevan que a precariedade laboral en España alcance o 26% dos traballadores, case o dobre que en Europa e que a taxa de paro xuvenil se sitúe no 36%, o que significa que 1 de cada 3 menores de 25 anos que queren traballar non poden facelo” destacou López Izquierdo.

50 novos empregos de colectivos vulnerables

As políticas de emprego do Executivo Provincial tamén permitiron a creación de 50 novos empregos para colectivos en risco de exclusión laboral. Coa 3ª e 4ª edición do Ben Empregado o Goberno da Deputación decidiu financiar na súa totalidade os custos laborais de lucenses desempregados de colectivos vulnerables. “É un pracer constatar que a labor que estamos desempeñando é útil e que somos capaces de romper calquera tipo de barreira. Hoxe son 50 os lucenses nesta situación que xa están a traballar ou que van a comezar a súa andaina profesional nos próximos días” destacou López Izquierdo.

1.500 novos empregos en 800 entidades da provincia

“Foron unhas 1.500 persoas as que atoparon traballo grazas as distintas edicións dos plans de emprego que levamos a cabo dende o Goberno da Deputación, o DEPUEMPREGO e o Ben Empregado. E o facemos sen ter as competencias directas en materia de emprego, pois estas son da Xunta de Galicia e do Goberno Central. Pero ante o total abandono e pasividade destas institucións, que miran cara a outro lado e non atenden as necesidades dos lucenses, dende o Executivo Provincial decidimos, unha vez máis, escoitar as prioridades dos nosos veciños, por iso, investimos máis de 21 millóns de euros na xeración directa de novos empregos de calidade en 800 empresas e colectivos dos 67 Concellos da provincia a través de programacións que buscan unha verdadeira inserción laboral”.

A Deputación pioneira en incluír cláusulas sociais

López Izquierdo destacou que “un dos nosos leit motiv é ser unha institución sumamente social que traballa por e para as persoas, por iso, dende o Executivo Provincial fomos pioneiros en incluír cláusulas sociais nos contratos coas empresas e colectivos para protexer os dereitos dos novos traballadores que recollen os convenios no sector. Tamén primamos ás entidades que promoven contratacións indefinidas, ás de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, medidas de conciliación e de igualdade de xénero, así como formación para os novos empregados”. Por exemplo, O Executivo Provincial retirou varias axudas a entidades lucenses por non cumprir as condicións e os requisitos sociais establecidos pola Deputación.

Máis de 2.000 expedientes na base de datos

Ademais, do Ben Empregado e do DEPUEMPREGO, o organismo provincial conta coa  súa Axencia de Colocación, un servizo gratuíto que xera sinerxías entre os ofertantes e os demandantes de emprego existentes na provincia para contribuír a unha verdadeira inserción laboral no conxunto do territorio lugués. O primeiro resultado deste traballo será a contratación nas vindeiras semanas dos 182 lucenses actualmente no paro noutras tantas entidades da provincia. A Deputación presentou ás empresas da feira os perfís laborais que se adaptan as súas necesidades e forman parte da base de datos da súa Axencia de Colocación, que conta xa coa información profesional de máis de 2.000 lucenses.

Xeración de 21 novas empresas

“Para o Goberno da Deputación é igual de importante a xeración de novos postos de traballo como a creación de novas empresas, por iso, tamén ofrecemos asesoramento e formación gratuíta a través dos Campus de Emprendemento Sostible, co obxectivo de que os participantes poñan en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” destacou López Izquierdo. A formación gratuíta ofertada polo Executivo Provincial a través destes Campus permitiu, polo de agora, a creación de 21 novas empresas en 11 Concellos da provincia de Lugo.

0.18472290039062