A comarca vivirá o Entroido durante as próximas dúas semanas

Os bailes e os desfiles de Entroido estarán presentes nestas datas nas localidades chairegas. Os grupos e carrozas rivalizan ao son das comparsas e charangas, e as peñas preparan as súas vestimentas e coreografías á espera do gran desfile. Así, os concellos en comezar antes esta divertida festa serán Cospeito, Abadín e Friol, aos que seguen o resto dos municipios e parroquias. Para o martes tan só quedarán Pol, Guitiriz, Muras e Vilalba. E Begonte, o día 29, será o derradeiro Concello chairego en rematar a festa. Os organizadores aínda están a ultimar os detalles dos seus programas.

Podes consultar os programas en los seguintes enlaces:

Etiquetas