
Cospeito


O BNG logra o apoio do Pleno da Deputación sobre a atención pediátrica e a reforma da N-540
A portavoz do grupo provincial Iria Castro deu eco no pleno ás demandas da veciñanza de Cospeito, Castro de Rei e Outeiro de Rei que levan semanas mobilizándose para reclamar a cobertura continuada por un especialista
Francisco Javier Fernández Dávila recibiu o premio de poesía Torre de Caldaloba
O poemario gañador foi 'xVO+' e en segundo lugar quedou 'A Vasteza do nó', de Rafael Xoán Muñoz Castro

Remata unha nova edición do obradoiro Santa Isabel V coa entrega de diplomas
O Goberno galego financiará nestes concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito un novo taller que comezará este ano


Nove gandarías de Lugo e outras tantas da Coruña gañan os premios Exceleite
Tiveron 9 galardóns cada unha, que foron entregados pola conselleira María José Gómez

A CHMS realiza traballos de conservación nos ríos Cabe, Enviande, Miño, Anllo e rego do Piñeiro
Teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica e a composición da vexetación de ribeira
Abre prazo para participar en Cospeito no concurso de imaxes polo 25N
Os traballos deberán enviarse a igualdadecospeito@gmail.com indicando nome e apelidos
Francisco Javier Fernández Dávila gaña o Certame de poesía Torre de Caldaloba
O segundo foi para a obra 'A vasteza do nó', de Rafael Xoán Muñoz Castro (Amauta Castro)

A asociación de Pino, en Cospeito, presenta súa programación de Nadal
Comezará o 14 de decembro coa presentación das obras do VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba no Museo das Aves


Olalla Rodil pediulle á Xunta unha praza de pediatra estable para Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito
Rodil agradeceu a presenza no Parlamento dunha representación das familias afectadas pola falta de pediatra, que seguiron a intervención da deputada nacionalista


Repiten en Cospeito un taller de memoria con sesións en Muimenta e A Feira do Monte
Estes terán lugar os martes, de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Muimenta e os xoves de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura da capitalidade

Muimenta proxecta a película 'O Corno' na Igrexa Vella
A película, que ten unha duración de 103 minutos, está recomendada para o fomento da igualdade de xénero e non é apta para menores de 12 anos
O CPI Virxe do Monte fai medio século
A directora do centro, Carmen Sánchez Domínguez, relata como será esta celebración tan especial


A veciñanza de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito volverá concentrarse pola atención pediátrica
Nesta ocasión será o domingo, ás 12.00 horas diante do centro de saúde da Feira do Monte

Muimenta acolle unha charla sobre xestión sustentable da auga en colaboración coa USC
Esta sesión divulgativa ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía sobre a importancia dun uso responsable e eficiente dos recursos hídricos
Pastoricense e Muimenta estrean novos adestradores
A UD presenta a Juan Manuel García Rozas e o cospeités a José Cendán


Grandes Festas de San Martiño en Pino, Cospeito
Haberá colchóns inchables gratuítos para o desfrute dos nenos e nenas
Os bebés roubados serán o tema dunha proxección e charla en Cospeito
Será o vindeiro 9 de novembro, ás 19:00 horas, na casa da cultura
O CPI Virxe do Monte celebra este mes medio século de vida
Entre as propostas destacadas están as exposicións de fotos realizadas polos alumnos e unha mostra de obxectos históricos


A Moexmu agradeceu a Africor o seu traballo cun recoñecemento a sete directivos
As oficinas do recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta acolleron o acto de recoñecemento

Crean unha asociación veciñal na parroquia cospeitesa de Vilapene
Entre as actividades que a asociación poderá levar a cabo están a organización de cursos de formación, xornadas culturais, excursións, debates, conferencias e coloquios

O gran magosto Cal da Loba de San Martiño de Pino regresa este sábado
Este ano haberá xantar medieval no local social, con cocido de época, xogos infantís, teatro e música
Santalla de Rioaveso celebra as súas festas esta fin de semana
O sábado comezará coa misa ás 13:30 horas, seguida dunha procesión e dunha sesión vermú a cargo do Grupo Alba
