TerrachaXa
O encontro en liña para familias sobre autoridades e límites será este luns
Terá horario de 18.00 a 19.30 horas, e o prazo de inscrición está aberto
Invístense máis de 100.000 euros en mellorar dous centros educativos de Vilalba
José Tomé destaca a importancia da cooperación cos Concellos para mellorar a calidade de vida da veciñanza
A Casa da Cultura da Pastoriza acolle un concerto de música antiga este sábado
Desta maneira, Nihil Novum, o grupo de música antiga formado en Lugo no ano 2018, interpretará a música medieval e renacentista
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
CCOO considera "unha vitoria" que o síndrome do túnel carpiano se considere enfermidade profesional
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso interposto polo INSS e confirma a sentenza orixinal, na que a baixa da traballadora derivaba da súa actividade laboral
A Asociación recreativa e cultural de San Martiño de Pino organiza unha viaxe a Allariz
Esta excursión incluirá a viaxe en autobús desde Cospeito ata Allariz, onde visitarán o Museo do Coiro, o Museo do Xoguete e o Museo da Moda
Xosé Manuel Felpeto presenta en Guitiriz o seu último libro
O escritor xermadés falará sobre a súa obra ‘Branco xiz tirando a negro’ nun acto que dará comezo ás 19:00 horas
GaliciaXa
A Deputación de Lugo colabora con FADEMGA con 2.500 euros
Tomé Roca enmarcou este acordo de colaboración “no compromiso que mantemos desde a Deputación de Lugo coa inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual”
Vilalba aproba o proxecto para instalar decantadores nas potabilizadoras e mellorar a calidade da auga
O goberno local convoca un pleno extraordinario e aproba por unanimidade esta medida clave para eliminar a turbidez na auga da vila
Abadín Sobre Rodas e empresas da comarca conseguiron moitos recursos para enviar a Valencia
"A resposta da xente foi tan impresionante que conseguimos reunir nove furgonetas e un camión ríxido", explican desde o colectivo
Lévase unha proposición non de lei para que haxa un pediatra en Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito
A proposición, levada polo BNG, debaterase este xoves no Parlamento Galego para pedir que a reposición urxente do servizo de pediatra
A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta xa está traballando nela
O vindeiro sábado, 16 de novembro, terá lugar unha reunión de traballo, con membros de Africor Lugo, na que tamén estarán presentes a maioría dos gandeiros participantes na Mostra
A localidade de Piñeiro, en Xermade, está de festa
O dúo Venus porá a música nunha sesión con xantar popular, xogos e castañas
A Granxa Gayoso Castro recibe novos investimentos por valor de 200.000 euros
José Tomé Roca vén de comprobar o funcionamento da nova cisterna de xurro e da trituradora lateral
O PSOE de Abadín afirma que o contrato eléctrico unificado para catro concellos está paralizado
"Esta parálise afecta á veciñanza de Abadín, pero tamén aos de Friol, Castro de Rei e Outeiro de Rei, pois o contrato pretendía optimizar o gasto enerxético de maneira conxunta para estes concellos", indican
As familias afectadas pola falta de pediatras continuarán coas mobilizacións
Veciños e veciñas dos concellos de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei saíron á rúa para demandar especialistas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación presenta os actos para concienciar sobre a violencia machista no 25N
Inclúe un coloquio aberto a toda a cidadanía no que a mocidade terá unha participación directa, unha escape room e actividades nos Centros de Atención a Maiores
O PP critica as obras da Deputación que se van realizar na estrada de Begonte a Santalla
Explica que se pretende levar a cabo unicamente unha intervención de rebacheo
Repiten en Cospeito un taller de memoria con sesións en Muimenta e A Feira do Monte
Estes terán lugar os martes, de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Muimenta e os xoves de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura da capitalidade
Muimenta proxecta a película 'O Corno' na Igrexa Vella
A película, que ten unha duración de 103 minutos, está recomendada para o fomento da igualdade de xénero e non é apta para menores de 12 anos
O Concello de Begonte organiza un curso gratuíto de manipulador de alimentos e hixiene Alimentaria
As inscricións están abertas nas oficinas do Concello de Begonte ata o 14 de novembro
O PSOE acusa ao alcalde de falta de transparencia na contratación das obras
Advirte de que se están desenvolvendo obras no municipio que no perfil do contratante figuran como pendentes de adxudicación
O Concello da Pastoriza abre o prazo para solicitar as axudas a asociacións
A contía máxima será de 600 euros para todas, agás as vinculadas a actividades de comercio e promoción turística, que recibirán un máximo de mil euros
Meira celebra o III Polavila en honra a Avelino Díaz con música, tradición e gastronomía
Será o sábado 16 de novembro a partir das 19.00 horas




