Novas de Rábade
O Centro Sociocultural de Rábade acolle unha exposición de pintura de Luis Rodríguez Cao
A mostra reúne unha selección de obras pictóricas do autor e poderá visitarse ata finais do mes de xullo
Pecha no CEIP Otero Pedrayo de Rábade o programa Vexo Veo Xacobeo
Nesta quinta edición participaron 20 centros educativos e case 1.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia
A alcaldesa de Rábade demanda máis actuacións á Deputación de Lugo na vila
A rexedora demandoulle á presidenta provincial o arranxo urxente do firme, moi deteriorado pola presenza continua de camións de gran tonelaxe
Rábade organiza unha excursión á Ribeira Sacra lucense o vindeiro 21 de xuño
A viaxe incluirá unha visita á adega Regina Viarum, onde os asistentes poderán realizar unha cata de viños, así como un paseo en catamarán polo Canón do Sil
O PSdeG de Rábade celebra a licitación das obras na rúa Bautista Núñez e destaca a súa mellora da seguridade viaria
A actuación, cun investimento de 68.000 euros da Deputación de Lugo, afectará ao treito urbano da LU-P-5101 e inclúe a rehabilitación do firme e melloras na drenaxe
A alcaldesa de Rábade recibe ao atleta rabadense Javo Orejas tras o seu éxito internacional
O seu próximo reto será correr a Maratón de Shanghái en 2027
Rábade consolida a Festa do Centenario cunha multitudinaria segunda edición
A vila revive o ambiente de 1925 nunha xornada marcada pola participación veciñal e unha ampla programación cultural e festiva
Rábade acolleu a presentación do libro ‘Cartafolio del Centenario’ nun acto polo aniversario municipal
O Centro Sociocultural reuniu autoridades e representantes culturais nunha cita enmarcada na programación do segundo ano do centenario da independencia do concello
Rábade clausurou as súas escolas deportivas
Houbo clase de zumba infantil, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala, atletismo, ximnasia rítmica ou judo
Javier Arias recibe a Javo Orejas logo de completar o maratón de Cidade do Cabo
É unha das grandes citas do calendario internacional, candidata a ingresar no Abbott World Marathon Majors
Recollen doazóns de sangue en Rábade este martes
O vehículo prestará servizo pola tarde no Campo da Feira
Os socialistas de Rábade levan ao Pleno a mellora das instalacións deportivas municipais
Rexistraron unha moción para intervir na pista e nos vestiarios do pavillón municipal e habilitar un segundo vestiario no campo de fútbol
O PSdeG de Rábade pide á Deputación o arranxo da rúa Bautista Núñez Varela e as instalacións deportivas
O voceiro socialista mantivo unha reunión coa presidenta da Deputación para abordar dúas demandas prioritarias da veciñanza
CCOO reclama reforzar os recursos do 061 na área centro da provincia de Lugo
O sindicato solicita aos concellos afectados que insten á Xunta a ampliar os medios de emerxencias sanitarias ante a saturación do servizo
Rábade celebrará a segunda edición da Festa do Centeneario o día 31 de maio
Dende hoxe e ata o 22 de maio xa se poden recoller as invitacións para a comida popular da celebración
Preto de 150 persoas participan na Xuntanza de Xubilados e Pensionistas
Durante o encontro, o Goberno local fixo entrega dun obsequio ás persoas asistentes e organizou tamén un sorteo de agasallos entre os participantes
Rábade acolle esta tarde a proxección do documental 'A terra por gañar' cun coloquio posterior
O evento está organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, Casa das Insuas e Adega
As Insuas do Miño acollen un BioBlitz o sábado para descubrir a súa biodiversidade
Realizarán distintos percorridos para observar e rexistrar especies de flora, fauna e micobiota presentes na zona
O Festival Entrepontes ultima o seu cartel para a edición do 30 de maio con Mirando Flores
Entre os nomes confirmados atópanse Rábade, Parquesvr, Monolious Dop, Ulex, Pladür e Amor Líquido
Rábade organiza unhas xornadas formativas para achegar as TIC ás persoas maiores
As sesións desenvolveranse os xoves 7, 14, 21 e 28 de maio no Centro Social, en horario de 10:00 a 12:30 horas
Olimpia López coordina cos concellos de Lugo, Terra Chá e Meira a seguridade durante o eclipse de agosto
Representantes municipais de Lugo, Rábade, Meira, A Ribeira de Piquín, Muras, Xermade, Vilalba, Guitiriz, Abadín e Pastoriza participaron na reunión
Rábade acolle un obradoiro de cestería tradicional con Pau Trepat o vindeiro 2 de maio
As persoas participantes terán a oportunidade de aprender as técnicas básicas para a creación deste tipo de peza empregando vimbio




