TerrachaXa
Vilalba aproba o proxecto para instalar decantadores nas potabilizadoras e mellorar a calidade da auga
O goberno local convoca un pleno extraordinario e aproba por unanimidade esta medida clave para eliminar a turbidez na auga da vila
Abadín Sobre Rodas e empresas da comarca conseguiron moitos recursos para enviar a Valencia
"A resposta da xente foi tan impresionante que conseguimos reunir nove furgonetas e un camión ríxido", explican desde o colectivo
As Pontes presenta a campaña 'Non as fagas invisibles. AFINA A MIRADA' para o 25N
A iniciativa inclúe accións de sensibilización para a mocidade, formación para profesionais e actividades dirixidas ás familias para combater todas as formas de violencia machista
A Escola Habanera de Guitiriz organiza unha tarde de baile o domingo 17 de novembro
O evento, aberto a todos os públicos e ofrecerá música, merenda e entretemento para quen prefira non bailar
A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta xa está traballando nela
O vindeiro sábado, 16 de novembro, terá lugar unha reunión de traballo, con membros de Africor Lugo, na que tamén estarán presentes a maioría dos gandeiros participantes na Mostra
A localidade de Piñeiro, en Xermade, está de festa
O dúo Venus porá a música nunha sesión con xantar popular, xogos e castañas
O PSOE de Abadín afirma que o contrato eléctrico unificado para catro concellos está paralizado
"Esta parálise afecta á veciñanza de Abadín, pero tamén aos de Friol, Castro de Rei e Outeiro de Rei, pois o contrato pretendía optimizar o gasto enerxético de maneira conxunta para estes concellos", indican
Rábade sumarase un ano máis a campaña contra a violencia de xénero
Entre outras actividades, o domingo 17 terá lugar a representación do espectáculo teatral 'Golpes' ás 17:00 horas no Centro Sociocultural
Regresa o cine neurodiverso ás salas das Pontes
A cita está prevista a penúltima fin de semana deste mes de novembro
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación presenta os actos para concienciar sobre a violencia machista no 25N
Inclúe un coloquio aberto a toda a cidadanía no que a mocidade terá unha participación directa, unha escape room e actividades nos Centros de Atención a Maiores
Repiten en Cospeito un taller de memoria con sesións en Muimenta e A Feira do Monte
Estes terán lugar os martes, de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura de Muimenta e os xoves de 16:30 a 18:30 horas na casa da cultura da capitalidade
Castiñeiro Milenario ofrece obradoiros gratuítos de aromaterapia e arteterapia
O primeiro obradoiro terá lugar o sábado 16 de novembro de 10:00 a 13:00 horas e o segundo será o 23
O Concello de Begonte organiza un curso gratuíto de manipulador de alimentos e hixiene Alimentaria
As inscricións están abertas nas oficinas do Concello de Begonte ata o 14 de novembro
O PSOE acusa ao alcalde de falta de transparencia na contratación das obras
Advirte de que se están desenvolvendo obras no municipio que no perfil do contratante figuran como pendentes de adxudicación
O Concello da Pastoriza abre o prazo para solicitar as axudas a asociacións
A contía máxima será de 600 euros para todas, agás as vinculadas a actividades de comercio e promoción turística, que recibirán un máximo de mil euros
Regresa o mércores Sementeira de Igualdade cun obradoiro infantil
Repensar sobre a consentimento, da man de Noelia Darriba abrirá o novo ciclo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PPdeG reclama a Sánchez que rebaixe a protección do lobo
Os populares recordan que España, xunto a Irlanda, foi o único país que se opuxo á rebaixa do nivel de protección da especie
Concello e ANPAS aseguran que os centros ponteses foron excluídos do programa de reforzo educativo da Xunta
PROA+ ten como obxectivo mellorar o rendemento escolar e reducir o abandono educativo temperá
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Pecha unha nova tempada do programa Coñece a túa provincia da Deputación
A Asociación de Veciños de Reigosa presenta o programa de actividades de novembro
Estas actividades son de balde e están abertas á comunidade
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Tomé esixe á Xunta o anticipo das axudas da PAC
Acusa ao Goberno galego de "incompetencia na xestión", que provocará que 45 millóns de euros "non cheguen a tempo aos gandeiros galegos"
Ramón Villares protagonizará o XVIII Hectómetro Literario do Paseo dos Soños de Vilalba
O evento terá lugar o 30 de novembro ás 12.00 comezando cunha táboa redonda
Amplían ata xaneiro o prazo para participar no concurso de caligramas de Pino
Un erro informático, que afectou ao sistema de valoración das obras, provocou que tivera que convocarse de novo o concurso
Continúa o domingo ciclo Mestre Mateo en Meira cunha sesión de curtas
Esta terá lugar na casa da cultura, ás 21.30 horas
As Pontes abre o luns o prazo para inscribirse nos campamento de Nadal
Están dirixidos a nenas e nenos nados entre 2013 e 2021, e desenvolveranse os días 23, 26, 27, 30 de decembro 2024 e 2, 3, e 7 de xaneiro de 2025



