Novas de Muras
O Concello de Muras convoca as axudas para estudantes, que aumentan as súas contías
Estréase ademais unha subvención de mil euros para estudantes no estranxeiro
Muras acolleu unha xornada de traballo para ampliar o modelo enerxético de Muras aos concellos do Xistral
As propostas do BNG son que paguen pola potencia, que se promova a participación pública e comunitaria, e ampliar os destinos posibles de investimento para os recursos que reciben os concellos
Muras ultima preparativos para celebrar a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira este sábado
Ás 13.30 horas actuará Mekanika Rolling Band e ás 18.00 horas desenvolverase unha foliada popular coa participación de Airiños do Eume, Fol do Raxal e Os Ferozes da Galgueira
Comezan en Muras as obras de mellora de dúas estradas da Deputación
A institución provincial vén de comezar os traballos de arranxo na LU-P-3402, que vai da Gañidora a Viveiró; e na LU-P-6502, a vía que vai de Vilalba a Chavín pola Balsa. Acondicionaranse algo máis de 12 quilómetros
O Concello de Muras ofrecerá asistencia por videochamada para realizar a Declaración da Renda 2025
O goberno local sinalou que esta colaboración pretende achegar a administración á veciñanza
O BNG denuncia as carencias no despregamento da fibra óptica en Lugo e reclama actuacións urxentes ao Goberno
Néstor Rego alerta de que milleiros de fogares seguen sen conexión de calidade e advirte do aumento da fenda dixital no rural
Ourol, Muras e O Vicedo impulsan un novo obradoiro de emprego con formación e contrato laboral
“Terras do Sor VIII” ofrecerá durante nove meses capacitación en carpintaría e conservación de montes a 20 persoas desempregadas da contorna
Novo éxito do cargadoiro de poldros en Muras con máis de 50 exemplares vendidos na súa cuarta edición
A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira
A Deputación comeza as obras da ponte da estrada, que conecta Vilalba e Muras
Está previsto que as obras, que comezaron coa colocación dos marcos da estrutura danada durante o inverno polos temporais, teñan unha duración dun mes
O PSOE de Muras acusa ao alcalde de intentar "silenciar" á súa voceira nun pleno
Jennifer Gómez Galego denuncia unha “actitude autoritaria” de Manuel Requeijo ao negarlle a palabra durante o debate
Muras instalará o 18 de abril o cargadoiro para a venda de poldros
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
Luz verde da Xunta en Muras a unha planta de valorización de residuos plásticos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna
Vilalba celebrará o 4 de abril unha nova edición da Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón con novidades
A proba contará este ano con catro modalidades adaptadas a diferentes niveis, incorporando a de gravel e renderá homenaxe a Juan Manuel Filgueiras Rama
Satisfacción do concelleiro non adscrito de Muras polo aumento das axudas da luz
Díaz avanzou a súa intención de continuar negociando co equipo de goberno para que estas axudas poidan incrementarse ata os 900 euros nos vindeiros anos
O PP de Muras condena o estado no que se atopa o Campo da Feira do Viveiró dous anos despois das obras
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e a voceira municipal, Eugenia Requeijo, visitaron a zona
Muras abrirá un novo prazo para solicitar as axudas da luz, que este ano aumentan a contía
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no rexistro do Concello de Muras, de luns a venres, ou a través da sede electrónica municipal
A Xunta arquiva sete proxectos eólicos en Galicia ao non superar a avaliación ambiental
No caso da provincia de Lugo, os proxectos que quedan definitivamente arquivados están en Cervo, Xove, Viveiro e Muras
O Concello de Muras activará este luns un servizo semanal de atención catastral
Estará aberto todos os luns en horario de 9:00 a 14:00 horas nas dependencias municipais
A Deputación licita as obras de mellora da estrada que comunica A Gañidoira co Viveiró, en Muras
A Xunta de Goberno adxudicou tamén, por máis de 221.397,2 euros, á empresa Construcciones Carballeira SL o proxecto de mellora de tres estradas provinciais ao seu paso por Meira
A Deputación aproba obras en Muras incluíndo a ponte derrubada polo temporal
O proxecto inclúe a reparación integral da estrutura e ademais a reapertura de cunetas, a reparación de desperfectos, a repavimentación e a sinalización horizontal e vertical
O PP reclama á Deputación a reparación inmediata dunha ponte en Muras
Antonio Ameijide e Eugenia Requeijo, voceira do PP de Muras, e varios veciños comprobaron "o gran perigo" que supón esta situación
Impulsan o recoñecemento internacional da Serra do Xistral como Paisaxe Emblemática Mundial
A incorporación á rede de Global Flagship Landscapes é froito da iniciativa da USC e do Centro Ibérico de Restauración Fluvial
Identificado como membro do PP o autor do roubo dunha cancela na aldea de Carelle
O Concello puxo a denuncia e alega que, unha vez restituída, presenta danos visibles, con cortes e unha colocación deficiente





