Novas de Xermade
Xa hai novos finalistas da Copa Deputación de fútbol
San Roque e Xermade foron os protagonistas da Segunda e Terceira, que se suman ao Milagrosa e Antas femininos para disputar as finais a fin de semana do 23 e 24 de maio
Momán de Xermade celebra o sábado 9 a Festa da Paella
O acto central será o xantar ás 14.30 horas no campo da feira, pero haberá música con Marisol e torneo de tute
Burgás celebra esta ponte de maio as súas festas
As celebracións arrancarán o venres, 1 de maio, cunha sesión de pinchos de balde pola tarde
A biblioteca de Xermade celebra o Día do Libro con actividades participativas e unha presentación literaria
As persoas usuarias que acudiron a retirar libros recibiron como agasallo flores elaboradas con materiais reciclados
Xermade acolle a representación teatral de 'Tula Varona' este domingo en Roupar
A peza afonda nun retrato complexo e cheo de matices dunha muller que exerce o seu poder e liberdade
Xermade acolle este sábado a final provincial do Duatlón Escolar do programa Xogade
Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario escolar, ao tratarse da fase final a nivel provincial
Conta atrás para a etapa lucense de O Gran Camiño, que unirá Terra Chá e A Mariña en seis días
A segunda xornada da volta celebrarase o 15 de abril entre Vilalba e Barreiros, cun percorrido de 148,6 quilómetros e 1.933 metros de desnivel nun trazado inédito para ambas comarcas
Xermade acolle un espectáculo do Mago Martín dentro do programa Dinamiz-ARTj
O espectáculo, presentado como unha procura activa de novos magos e magas, propón unha experiencia na que a maxia e o humor se combinan para facer partícipe ao público
Xermade prepara a súa Festa da Xuventude con comida popular
O evento dará comezo ás 14:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Estrellas
A voz dos alcaldes: “Rodeeime dun gran equipo que me axuda día a día a que todo sexa máis fácil”
O mandatario xermadés, Roberto García Pernas, logrou o sillón presidencial ao terceiro intento e goberna como líder socialista desde 2015 e en solitario desde 2019. A única oposición que ten agora é a do PP
A Asociación de Veciños de Cabreiros pon en marcha este sábado o programa de rutas de sendeirismo
A primeira cita será o sábado 21 de marzo coa Ruta polo Belelle e bancos de pedra, un itinerario circular de 10 quilómetros e dificultade baixa
O Consello de Maiores de Momán visita o Museo Mineiro de San Finx en Lousame
A visita estivo guiada pola xeóloga Maite, natural da zona e estudosa do patrimonio mineiro da zona
A Ruta BTT Terra Chá San Simón da Costa percorrerá o 4 de abril tres concellos
As inscricións xa están abertas en CCnorte.com ata o día 31 de marzo
A Biblioteca Provincial entrega os premios do certame de poesía infantil de Nadal
Á fase final concorreron os case 100 traballos que resultaron gañadores das convocatorias locais desenvolvidas en 13 bibliotecas da provincia
A veciñanza de Xermade terá un curso para aprender a usar os caixeiros
Esta formación será o vindeiro martes 24 de febreiro ás 10.30 horas na Biblioteca Municipal
A Biblioteca de Xermade nomea os socios de honra do 2025
O galardón na categoría de persoas adultas recaeu en Carolina Martín, mentres que na categoría infantil o recoñecemento foi para Yeray Piñeiro
A comisión de festas de Cabreiros organiza unha cea baile o día 21 de febreiro
A velada estará amenizada con música en directo a cargo do cantante Alex, que poñerá o toque musical á noite festiva
Impulsan o recoñecemento internacional da Serra do Xistral como Paisaxe Emblemática Mundial
A incorporación á rede de Global Flagship Landscapes é froito da iniciativa da USC e do Centro Ibérico de Restauración Fluvial
Veciños de Roupar celebran o día 14 de febreiro unha cena baile de Entroido
Haberá cocido completo e concurso de disfraces para adultos
Xermade convoca o concurso de disfraces para o 16 de febreiro
Os premios oscilarán entre os 200 e os 50 euros para os adultos e de 70 a 25 para os pequenos e o prazo de inscrición remata o 11 de febreiro
O Centro Internacional da Torneiría da Casa Reitoral de Xermade abrirá as súas portas na primavera de 2026
O inmoble rehabilitado acollerá na planta baixa unha ampla sala de usos múltiples, concibida para a celebración de actos, reunións, espectáculos e todo tipo de eventos
O PP de Xermade quéixase do estado do campo de fútbol de Cazás
Tamén propuxeron que o Concello tramite a solicitude de axudas para proxectos innovadores do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para a antiga Casa consistorial de Castiñeiras
A Casa Escola do Chao acolle a presentación do libro 'Memorias dun porco teixo'
Durante a presentación intervirán o editor da obra, Santiago Martínez, e o propio autor, que dará a coñecer os contidos e o proceso creativo dun libro




