Novas de Begonte
Saavedra prepárase para a Romería e as Festas dos Milagres
As celebracións relixiosas comezarán o xoves 14 coa novena mentres que as laicas farano o venres 22
Gaibor prepárase para celebrar as festas de San Xosé esta fin de semana
O sábado 2, os festexos comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, amenizada por Punto Clave
O Centro de Día de Begonte organiza unha nova sesión de cine aberta á comunidade o 29 de abril
A proxección terá lugar ás 12:00 horas nas propias instalacións do centro e incluirá o visionado do filme 'La tonta del bote'
Begonte abre o prazo para solicitar as subvencións a asociacións
O prazo de presentación rematará o 19 de maio
Begonte acolle un obradoiro sobre hixiene e coidados bucodentais o vindeiro luns
A formación será impartida por Berta García Cortés, técnica especialista en Hixiene Bucodental da Área Sanitaria de Lugo
A Xunta aproba a instalación dun centro xestor de vehículos en Begonte
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna
Darase unha charla informativa en Begonte sobre produtos de apoio
A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Begonte o venres 17 de abril, ás 16:00 horas, e estará a cargo de Mónica Fernández Poupariña
Begonte acolle este sábado a proxección do documental 'O médico dos pobres'
A xornada completarase cun coloquio ao remate da proxección
Begonte celebrou os 106 anos de María Carmen García López, veciña de Illán
Con motivo desta destacada efeméride, o Concello trasladoulle os parabéns en nome de toda a veciñanza e fíxose entrega dun agasallo como mostra de recoñecemento
Abre o prazo de inscrición na Escola Infantil Pío Pío de Begonte
Permanecerá aberto ata o 27 de marzo para a renovación do alumnado actual e as de novo ingreso deberán facerse do 8 ao 22 de abril
O Club Violeta organiza o tradicional Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica con 650 participantes
A competición comezará o domingo ás 10:00 horas coa participación dos conxuntos de nivel B
A CHMS comeza coa repoboación en distintos ríos da provincia
Actuarán nos concellos de Cospeito, Outeiro de Rei, Begonte, Castro de Rei, Pol, Lugo, O Corgo, Chantada, Monforte, Sober e Ribas de Sil
Begonte acollerá un curso gratuíto de inxertos organizado polo Concello e a Reserva da Biosfera Terras do Miño
A formación desenvolverase o venres 13 de marzo de 2026 en horario de 16.00 a 20.00 horas na Aula da Natureza I
Os veciños de Begonte contarán o día 11 con recollida de residuos
Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ao teléfono do Concello 982 39 61 43
O Centro de Día de Begonte organiza unha sesión de maxia con Roberto Lolo o mércores
A proposta busca ofrecer unha tarde diferente e chea de ilusión, tanto para as persoas usuarias do servizo como para quen desexe compartir con elas un momento de lecer e entretemento
O Concello de Begonte organiza un curso gratuíto de poda de árbores froiteiras o venres
A actividade desenvolverase en horario de 16.00 a 20.00 horas na Aula da Natureza I, situada ao carón do Centro Médico
O Concello de Begonte celebrará un acto institucional para nomear Fillo Adoptivo e Fillo Predilecto
Os recoñecementos serán para José Antonio Vázquez García e Jesús Domínguez Guizán, respectivamente
O colexio Virxe do Corpiño de Begonte celebra unha xornada de portas abertas
A sesión terá lugar o martes 24 ás 10.30 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados do director
Begonte celebra este sábado o seu concurso de Entroido
A celebración está prevista para as 16.30 horas cun desfile no pavillón de Baamonde
Unha veciña de Begonte gaña o concurso de carteis da XLVI Feira do Viño de Amandi
A proposta “Amandi. Un viño de cine”, obra de Marta Luisa Silvarrey, foi elixida entre unha vintena de candidaturas
Baamonde acollerá un curso de frauta centrado na aprendizaxe musical en grupo
A formación estará impartida pola frautista e docente Mónica López Cerqueira, profesional con ampla experiencia
A Cruz Vermella iniciará en Begonte un curso gratuíto de atención sociosanitaria profesional
Aínda que a prioridade será para persoas desempregadas, tamén poderán participar persoas en activo
Adega alerta do perigo ambiental do parque eólico do Cordal de Ousá para o mazarico real
O proxecto contempla a instalación de 5 aeroxeradores e unha liña de alta tensión de 30 km ao longo dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei





