Novas de Vilalba
Vilalba repartirá desde este luns máis de 4.000 gafas homologadas para observar con seguridade a eclipse solar
As persoas interesadas poderán recollelas no punto de información da Casa do Concello, en horario de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ata esgotar existencias
A Escola Habanera de Tardade celebrará a súa tradicional comida de confraternidade o 2 de agosto
A organización mantén aberto o prazo de inscrición para o xantar ata este luns, 27 de xullo
Goiriz celebrará as festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana cunha intensa programación musical
As celebracións comezarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Galaxia
Vilalba abre o prazo de inscrición para a III Feira Intercultural, que se celebrará o 2 de agosto
As persoas interesadas poderán participar elaborando pratos típicos dos seus países de orixe, cuxo custo dos ingredientes asumirá o Concello
O concerto de Silvia Penide dá continuidade este xoves ao ciclo musical 'Seráns con sons'
A programación conta con 7 actuacións musicais ao aire libre que se celebrarán entre xullo e agosto
Vilalba organiza un obradoiro para construír caixas estenopeicas coas que observar o eclipse solar de agosto
A inscrición previa pode formalizarse no Punto de Información da Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 51 03 05
A comarca volcarase coa final do Mundial con pantallas xigantes en As Pontes, Friol, Vilalba e Pastoriza
Deste xeito, a final mundialista transcenderá o ámbito deportivo para converterse nun evento colectivo en boa parte da zona
Unhas 600 persoas participan nas actividades do Centro Sociocomunitario que a Xunta ten en Vilalba
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o papel de dinamización social e cultural das instalacións, que inclúen programación propia e en colaboración co tecido asociativo e entidades da zona
O Trofeo Concello de Vilalba enfrontará o CD Lugo e o Deportivo da Coruña o vindeiro 29 de xullo
O Estadio Municipal A Magdalena acolleu a presentación dun encontro que reunirá a dous históricos do fútbol galego dentro da preparación estival
Ángela Cortiñas celebra o seu centenario en San Simón da Costa rodeada da súa familia
Con motivo desta destacada efeméride, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo desprazáronse ata a súa casa
Oleiros, en Vilalba, prepárase para a Romaría da Virxe do Carme
O sábado, partir das 15.30 horas, os asistentes poderán gozar dunha comida campestre baixo carpa
A Deputación destina un millón de euros a estradas na Terra Chá e en Viveiro
A Xunta de Goberno licitou este venres un proxecto por case 250.000 euros para dúas vías provinciais en Abadín e tamén adxudicou obras en Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro por case 735.000 euros
A campaña de verán dos Empresarios de Vilalba supera as 5.400 participacións e xa ten os primeiros gañadores
Unha vez realizado o sorteo, as persoas agraciadas foron Dolores Carballeira e Ana Ferreiro Lozano, que poderán gozar dos seus premios efectuando compras nos comercios asociados
Boizán celebrará as festas na honra de Santiago Apóstolo con dous días de actos relixiosos e musicais
A programación dará comezo o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada polo grupo Los Adrianos
Vilalba destina este ano 12.000 euros para axudas de material escolar en Educación Infantil
A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que "queremos que ningunha etapa educativa quede sen apoio por parte da administración local"
Eventos
OcioenGalicia
Fiestas de Meira 2026
OcioenGalicia
Campeonato de Billarda de Allariz
OcioenGalicia
Programación del Teatro Principal de Ourense 2026
Continúan os bailes no Centro Cultural de Vilalba este domingo
A cita, que terá lugar a partir das 17.00 horas, estará amenizada polo dúo Maracaibo
O PP insta a Sánchez a axilizar a negociación coa UE para o uso de drons na aplicación de fitosanitarios
Os deputados comproban, en Vilalba, os danos do verme defoliador do millo e a eficacia dos produtos autorizados
Vilalba acollerá unha xornada sobre redes de comunicación alternativas sen dependencia da telefonía móbil nin de Internet
A actividade gratuíta abordará as tecnoloxías LoRa, Meshtastic e MeshCore a través dunha sesión teórico-práctica aberta ao público
Vilalba participa esta fin de semana en Sestao no evento Galicia Pueblo a Pueblo
Desenvolverase unha ampla programación cultural, gastronómica e artesanal coa que se dará a coñecer a riqueza patrimonial, natural e cultural da vila
O Ciclo Mestre Mateo regresa a Vilalba cunha segunda sesión dedicada ás curtametraxes de imaxe real
O Auditorio Municipal acollerá o venres a proxección de catro traballos finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo
O PP leva ao Senado a situación da antiga Casa Sindical de Vilalba para coñecer o seu futuro
Os populares denuncian que o inmoble permanece sen uso e deteriorándose, malia o seu potencial para albergar servizos administrativos ou locais
Vilalba acollerá tres actividades do Festival Atlántica nas parroquias de Mourence, Román e Santaballa
A programación comezará o xoves coa representación de 'A viaxe feliz de Ramón San Fiz', a cargo de Ignacio Vilariño e Fantoches Baj







