Novas de As Pontes
A Deputación achega 356.131 euros á Casa do Mel para construír o novo centro apícola das Pontes
O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o presidente da entidade, Manuel Ferreira, asinaron o convenio
O Concello das Pontes convoca as axudas para material escolar para o novo curso
As solicitudes poderán presentarse desde hoxe ata ao 30 de xullo de 2026, ambos incluídos, a través do Rexistro Xeral do Concello
Arranca nas Pontes o programa das Festas do Carme e da Fraga, con máis de 50 actividades
O Concello aposta por unha programación que combina tradición, cultura, música e participación cidadá durante máis de tres semanas de celebración
A Asociación Hume presentará en As Pontes o número 18 da súa revista
O acto celebrarase este venres 3 de xullo na Casa Dopeso e incluirá a entrega dos galardóns da décima edición do Certame de Investigación Hume
As Pontes reuniu a preto de 90 históricos do fútbol local no seu cuarto encontro de veteranos
Ao longo da xornada, os asistentes compartiron vivencias e lembranzas da súa etapa ligada a entidades históricas como o CF Calvo Sotelo, o CD Endesa ou o CD As Pontes
O Club de Vela Fluvial As Pontes abre as inscricións para os cursos de vela do verán no lago
As sesións organizaranse en quendas semanais, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas
A Xunta somete a información pública a planta de vehículos eléctricos de SAIC en Ferrol
A iniciativa, declarada Proxecto Industrial Estratéxico (PIE), contempla un investimento próximo aos 197 millóns de euros, ademais doutra planta nas Pontes
Extinguido o incendio das Fragas do Eume, o último que quedaba
O lume comezou ás 05.27 horas do martes e afectou finalmente unha superficie de 52,85 hectáreas, das cales 39,85 corresponden a monte raso e as 13 restantes a arborado
O Concello das Pontes aproba por unanimidade a servidume de auga para a planta de biofibra de Ence
A autorización permitirá executar as infraestruturas de captación e condución de auga vinculadas ao Proxecto Industrial
A Xunta probará o xoves o funcionamento das sirenas da presa da Ribeira das Pontes
Servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
As Pontes reunirá a elite do BTT galego nunha fin de semana de competición e deporte base
A programación arrancará o sábado coa disputa do IV XCO Vila de As Pontes e o domingo será o IV MiniBTT
As Xornadas Hume propoñen unha viaxe á memoria da Central Térmica das Pontes
Tras a proxección desenvolverase un coloquio aberto coa participación de antigos traballadores
O IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes gaña a Carreira Greenpoweer Galicia nas dúas categorías
Baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) e en colaboración reuníronse no circuíto de karting desta localidade, 12 equipos de Galicia, de Asturias e do País Vasco
As Campeiras organiza o San Xoán cunha gran sardiñada e festa popular
O prezo da entrada será de 15 euros para socios e 20 euros para non socios. Os tíckets poderanse recoller na tenda de Elicio ata o venres 19 de xuño
O Concello das Pontes confirma que a demolición das torres da términa non se fará durante as festas
No mes de maio, cando Endesa comunicou a previsión inicial de desenvolver estes traballos durante as festas patronais, o Goberno local trasladou de inmediato a súa oposición





