Novas de Castro de Rei
Ponte de Outeiro celebra este sábado a segunda edición da Festa da Xuventude
A xornada festiva dará comezo ás 13.00 horas coa misa parroquial e a correspondente procesión do Corpus Christi, seguida da sesión vermú amenizada polo dúo EPO-K
Castro de Rei destinará 700.000 euros a investimentos nun orzamento de 5,4 millóns de euros
No apartado de transferencias correntes, o orzamento recolle máis de 800.000 euros destinados á escola infantil, á atención á dependencia e ao Servizo de Axuda no Fogar
Castro de Rei volverá contar con tres quendas de campamento este verán
As inscricións poden facerse ata do 4 ao 26 de xuño a través da plataforma Easy Manager Grupo Vitae
Loentia está de festa a fin de semana
O sábado terán misa ás 13.00 horas e sesión coa orquestra Stereo, que repetirá pola noite xunto con Panorama City
O Real Aeroclub de Lugo organiza un encontro co piloto e escritor Francisco Narla no Aeródromo de Rozas
A actividade celebrarase o sábado 30 de maio ás 12:00 horas e busca unir aviación, cultura e comunidade nunha mañá especial
A ITV móbil agrícola estará en Castro de Rei a próxima semana
Para participar é necesario pedir cita previa previa, chamando ao teléfono 981 928 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.
O RadioVisual do Patrimonio fixo parada en Castro de Rei cunha xornada centrada na mocidade e na cultura galega
A actividade contou co protagonismo do alumnado e profesorado do CEIP Veleiro-Docampo, que preparou diversos contidos para esta emisión especial
O Guitiriz xogará polo ascenso a Primeira tras un intenso final de Liga
Final de competición tamén en Primeira, onde o Vilalbés B remata quinto e mantén a categoría
O Museo do Castro de Viladonga inaugura a exposición 'Do Ser e dos Faceres Chairegos'
A exposición recolle distintos traballos realizados arredor dos oficios tradicionais e do patrimonio cultural da Terra Chá
A Deputación inviste en estradas de Castro de Rei e Guitiriz, co que también firmou un convenio de colaboración
Quedou licitada unha actuación para renovar un tramo de máis de catro quilómetros da LU-P-2207, entre Coea e Buriz, e catro quilómetros da LU-P-1112, que comunica Muimenta e Pacios
Diego Torres Iglesias vén de ser nomeado director do Museo do Castro de Viladonga
O novo xestor, que viña desenvolvendo a súa actividade profesional no propio Museo do Castro de Viladonga, conta cunha ampla experiencia no eido da arqueoloxía
Luz verde para a creación da Colección Margarita Ledo en Castro de Rei
O Consello dá o visto e prace para integrar estes fondos xestionados pola Fundación Margarita Ledo no Sistema Galego de Museos
O Museo do Castro de Viladonga celebrará a Noite dos Museos cunha programación especial o sábado
A xornada dará comezo ás 17.00 horas con xogos e obradoiros ambientados na época galaico-romana
O Castro FSF caeu en cuartos de final da Copa da Raíña de fútbol sala
As de Julio Delgado deixárono todo sobre a cancha pero non puideron polo menos forzar os penaltis, ante un Noces de Rolda Atlético Torcal histórico, que se planta en semifinais
O Castro FSF parte a Móstoles para disputar a fase final da Copa da Raíña de fútbol sala
Efrén Castro achegouse este mércores a Castro Ribeiras de Lea para transmitir azos ao equipo
O Museo do Castro de Viladonga acolle este xoves unha xornada sobre a paisaxe ao longo do tempo
Trátase dunha xornada divulgativa para achegar ao público a evolución da paisaxe galega desde a antigüidade ata a actualidade
Dúas xovencas de Rubia Galega viaxarán a Sevilla tras a poxa de Acruga na Fonsagrada
As tres reses procedentes da Granxa Gayoso Castro foron adxudicadas cun prezo medio de 3.200 euros nunha cita de referencia para o sector gandeiro lucense
Goberno acollerá o 17 de maio a terceira Xuntanza do Rural con actividades para todas as idades
A entrega de tíckets terá lugar o domingo 26 de abril na antiga escola, en horario de 12:30 a 13:30 horas
O Museo do Castro de Viladonga acolle unha xornada sobre a paisaxe ao longo do tempo
Será o 30 de abril, unha xornada divulgativa para achegar ao público a evolución da paisaxe galega desde a antigüidade ata a actualidade
Recollen doazóns de sangue este xoves en Castro Ribeiras de Lea
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas no campo da feira
Castro de Rei inviste máis de 280.000 euros na rexeneración de vías municipais en varias parroquias
Estas intervencións teñen como obxectivo principal garantir o bo estado da rede viaria e facilitar os accesos tanto á veciñanza como ás explotacións agrogandeiras
Adega informará á veciñanza sobre a ampliación da subestación de Ludrio
Están convocados os afectados polos parques eólicos Cordal de Ousá, Xescabarex, Arno, Muracais, Baro, Vilamalafronser e as respectivas liñas de evacuación
Castro de Rei organiza unha xornada formativa para apoiar ás persoas coidadoras estes xoves
A actividade conta coa colaboración da Asociación da Veciñanza San Isidro de Matodoso




