Novas de Muras
A piscina de Muras permanecerá aberta ata o 10 de setembro
O horario será de 12.00 a 20.00 horas de luns a venres e de 13.00 a 21.00 horas as fins de semana
O vestido de voda de Antía Cal regresa a Muras 79 anos despois do seu enlace
A mostra poderá visitarse durante tres xornadas consecutivas nas Aguias a fin de semana e o luns
Muras celebrará as súas festas patronais desde o venres
Comezarán cunha gran paellada gratuíta a partir das 21.00 horas, ata fin de existencias
Julio Díaz reivindica o seu labor como non adscrito en Muras e aposta por seguir coa política de proximidade
O edil destaca a aprobación de iniciativas como a oficina bancaria, as axudas á eficiencia enerxética ou a mellora de infraestruturas e critica a oposición do PP
Muras acolle unha xuntanza para mulleres coidadoras do rural organizada pola Xunta, o Concello e Afalu Alzheimer
A iniciativa nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro, apoio e benestar para as mulleres que desempeñan ou desempeñaron tarefas de coidado
O Tribunal Supremo avala a autorización do parque eólico Bustelo e cuestiona a tese da “fragmentación” de proxectos
A sentenza estima os recursos de Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia e marca criterio sobre a avaliación ambiental dos parques eólicos
Muras acolleu unha xornada de traballo para ampliar o modelo enerxético de Muras aos concellos do Xistral
As propostas do BNG son que paguen pola potencia, que se promova a participación pública e comunitaria, e ampliar os destinos posibles de investimento para os recursos que reciben os concellos
A Romaxe Artesá da Chaira celebra a súa décima edición con vinte obradoiros e aposta pola posta en valor do feito á man
A Fundación Artesanía de Galicia destaca o evento como clave para a comercialización e a difusión dos oficios tradicionais
Muras ultima preparativos para celebrar a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira este sábado
Ás 13.30 horas actuará Mekanika Rolling Band e ás 18.00 horas desenvolverase unha foliada popular coa participación de Airiños do Eume, Fol do Raxal e Os Ferozes da Galgueira
Presentada unha nova edición da Romaxe Artesá da Chaira, que será o día 23 en Muras
Mercedes Peón ofrecerá o concerto de fin de festa, o sábado ás 21.00 horas, acompañada por Ingrávida
Muras amplía o prazo para solicitar as axudas para sufragar facturas eléctricas de fogares e pemes
O período de solicitude estivo aberto durante todo o mes de abril e prolongarase ata o 15 de maio. Contempla achegas de ata 800 e 1.700 euros segundo o tipo de beneficiario
O BNG denuncia as carencias no despregamento da fibra óptica en Lugo e reclama actuacións urxentes ao Goberno
Néstor Rego alerta de que milleiros de fogares seguen sen conexión de calidade e advirte do aumento da fenda dixital no rural
Ourol, Muras e O Vicedo impulsan un novo obradoiro de emprego con formación e contrato laboral
“Terras do Sor VIII” ofrecerá durante nove meses capacitación en carpintaría e conservación de montes a 20 persoas desempregadas da contorna
Novo éxito do cargadoiro de poldros en Muras con máis de 50 exemplares vendidos na súa cuarta edición
A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira
Muras investirá en accesos no rural preto de 440.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental
Actuarase os lugares de Os Orxás, Casa Lousada, Rego, Funqueixeira, O Curro, A Restrebada, O Vilariño, O Aguillal, Carelle, Forcós, Santirso e Currás
Conta atrás para a etapa lucense de O Gran Camiño, que unirá Terra Chá e A Mariña en seis días
A segunda xornada da volta celebrarase o 15 de abril entre Vilalba e Barreiros, cun percorrido de 148,6 quilómetros e 1.933 metros de desnivel nun trazado inédito para ambas comarcas
Eventos
OcioenGalicia
Festival de Pardiñas 2026
OcioenGalicia
Autocine de verano: Grease en Ferrol
OcioenGalicia
Mañás de verán 2026 en Santiago de Compostela
OcioenGalicia
Verán 2026 Pontevedra. Programa Cultural y Festivo
OcioenGalicia
Certamen de Habaneras 2026 de A Coruña - 41ª edición
OcioenGalicia
Semana del Patrimonio Invisible 2026 en Pontevedra
Muras abre o prazo de axudas para sufragar facturas eléctricas de fogares e pemes
O período de solicitude estará aberto durante todo o mes de abril e contempla achegas de ata 800 e 1.700 euros segundo o tipo de beneficiario
Jennifer Gómez foi elixida Secretaria Xeral do PSdeG de Muras
A dirección provincial do PSdeG de Lugo impulsa a renovación da agrupación local coa constitución da nova Comisión Executiva Municipal
Muras instalará o 18 de abril o cargadoiro para a venda de poldros
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
Vilalba celebrará o 4 de abril unha nova edición da Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón con novidades
A proba contará este ano con catro modalidades adaptadas a diferentes niveis, incorporando a de gravel e renderá homenaxe a Juan Manuel Filgueiras Rama
Unanimidade no Parlamento á proposta do BNG para axilizar os trámites e a construción do polígono industrial de Muras
O deputado da Mariña, Dani Castro, foi o encargado de defender a iniciativa na Comisión 6ª, na que instou o Goberno do PP a deixar de “poñer paus nas rodas” e impulsar dunha vez o parque
Requeijo solicita o apoio da Xunta para o relanzamento da Marca Muras que apoiará a produción agrogandeira
O alcalde solicitoulle a María José Gómez que se amplíe a cobertura de axudas para novas incorporacións e plans de mellora da Xunta de Galicia
O PP de Muras condena o estado no que se atopa o Campo da Feira do Viveiró dous anos despois das obras
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e a voceira municipal, Eugenia Requeijo, visitaron a zona




