Novas de Friol
Anafreita e Vilalvite, en Friol, celebran as festas de San Pedro cun programa de música e tradición
Na primeira, durante os tres días realizaranse sorteos entre os asistentes, incluíndo como premio unha estancia nun balneario para dúas persoas.
A Deputación adxudica as obras da estrada entre Palas e Friol e licita outra actuación en Xermade
As obras consistirán fundamentalmente na mellora da drenaxe, a renovación do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización
Friol reúne máis de mil solicitudes de dependencia e destina máis dun millón de euros a servizos sociais
Este fito prodúcese cando se cumpren 19 anos da aprobación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia
A Unidade de Atención Temperá da comarca celebrou en Friol a súa V Xuntanza
A pesar da choiva e da tormenta, os asistentes puideron desfrutar dunha tarde chea de actividades
Friol celebrará a noite de San Xoán cunha gran cea popular e fogata no Mercado Gandeiro
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse antes do 20 de xuño a través dos teléfonos habilitados pola organización
San Martiño de Condes celebra esta fin de semana as súas festas na honra ao Sagrado Corazón
As celebracións desenvolveranse do 12 ao 14 de xuño con misas, sesións vermú e grandes verbenas en campo cuberto con carpa
Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organizan un taller online sobre trastornos da conduta alimentaria
Desenvolverase entre as 18.00 e as 19.30 horas a través da plataforma Zoom e será impartido por Antonella Ferrari, técnica da Área de Sensibilización da Unión de Asociacións Familiares (UNAF)
PM Friol organiza un maratón de fútbol 7 e un campionato de tute a próxima fin de semana
A proba deportiva disputarase no campo municipal da Reigosa e contará cun máximo de 24 equipos participantes
Friol acollerá o 14 de xuño unha andaina solidaria a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro
As persoas participantes poderán escoller entre unha andaina clásica de 8 quilómetros, outra de 15 quilómetros e un percorrido sendeirista de 25 quilómetros
Friol acollerá o 17 de xuño a V Xuntanza do Servizo de Atención Temperá
O encontro reunirá a familias, profesionais e nenos e nenas participantes nunha xornada lúdica para celebrar o traballo desenvolvido ao longo do curso
Organizan un torneo feminino de fútbol 7 en Friol o próximo sábado
A organización abriu un prazo de inscrición gratuíta para os equipos interesados en participar, que permanecerá aberto ata o 3 de xuño
A Feira do Cabalo de Friol bate marcas cunha edición histórica e 186 participantes
O Concello, organizador da cita, repartiu preto de 7.000 euros en premios entre as distintas categorías participantes
Trasmonte, en Friol, celebra as festas na honra á Virxe dos Milagros a fin de semana
O venres, a partir das 21:30 horas, comezará a celebración cunha gran churrascada con liscos e chourizos a fartar
Friol prepárase para celebrar o domingo a súa tradicional Feira do Cabalo
Un dos momentos máis agardados será a competición de andadura tradicional galega, nas súas modalidades serrada e chapeada
CCOO reclama reforzar os recursos do 061 na área centro da provincia de Lugo
O sindicato solicita aos concellos afectados que insten á Xunta a ampliar os medios de emerxencias sanitarias ante a saturación do servizo
Friol dá luz verde ao seu orzamento, que acada os 5,9 millóns de euros, unha cifra récord
José Ángel Santos afirma que as contas reafirman o compromiso do Concello para impulsar servizos, investimentos e o desenvolvemento do termo municipal
Friol acollerá unha conversa arredor da escritora Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas
A iniciativa pretende afondar na traxectoria literaria e no legado cultural da autora galega a través dun encontro aberto ao público
Xornadas de portas abertas no PM Friol en maio e xuño
Abren os adestramentos dos martes e os venres ás 19.00 horas
Friol celebra este sábado a xornada de presentación das terceiras Olimpíadas Rurais de Galicia
O acto celebrarase ás 12.00 horas na Praza Andón Cebreiro e contará coa participación de representantes institucionais e membros da organización do evento
Friol recibe aos xogadores e xogadoras dos equipos campións de Europa de fútbol gaélico
O alcalde agradeceu tamén o traballo e a paixón coa que representan á selección galega, facendo historia nun deporte cada vez con maior presenza e seguimento en Galicia
Friol prepárase para celebrar o 24 de maio a súa tradicional Feira do Cabalo
Un dos momentos máis agardados será a competición de andadura tradicional galega, nas súas modalidades serrada e chapeada
Friol prepárase para celebrar esta fin de semana unha nova edición do Friulio
A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación desta convocatoria, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Friol, José Ángel Santos, e membros da organización
Carballo, en Friol, prepárase para celebrar as festas na honra a San Benito 2026
O 10 de maio celebrarase o tradicional Domingo das Poxas, con misa ás 13:30 horas, unha das citas máis esperadas polos veciños e visitantes
O PM Friol B logra o título de campión de grupo e o ascenso a Segunda
O equipo friolés logra o título despois dunha intensa tempada, na que a vitoria foi o eixo principal, con 13 partidos de 16



