Novas de As Pontes
Juan Gabriel Fernández brillou na proba raíña do concurso de saltos de As Pontes Ecuestre
A emoción da competición ecuestre regresou ao lago co CST, o Campionato Galego de Andadura, o Torneo de Horseball e a II edición da Liga Ferrol-Eume-Ortegal
Adxudicadas nas Pontes as obras de renovación da rúa Real
O proxecto permitirá dar continuidade ás actuacións realizadas nos últimos anos nesta contorna
Arrancan nas Pontes as obras da segunda fase de mellora da avenida de Lugo
O proxecto contempla a eliminación do desnivel existente entre a calzada e as beirarrúas
O Festival de Primavera reunirá este venres nas Pontes ás rondallas de Barakaldo e da vila pontesa
O concerto dará comezo ás 20.00 horas e contará coa participación da agrupación Amigos de la Guitarra, que compartirá escenario coa Rondalla Vila de As Pontes
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este martes
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na praza do Carmen
A Carreira Solidaria As Pontes Contigo consolídase como cita deportiva local
A cita deportiva e solidaria destinará a recadación á asociación A Xanela e promoverá a participación inclusiva de toda a veciñanza
O Club de Rugby Fendetestas promove unha nova sesión da Escola de Familias centrada nos valores do deporte
A actividade terá lugar este domingo 31 de maio, entre as 11:30 e as 13:00 horas, na Asociación de Veciños As Campeiras
Convocada unha masterclass de clarinete nas Pontes
Hai dez prazas e os prezos son de 20 euros para o alumnado do centro organizador; 40 para estudantes externos e 10 para quen acuda de oínte
As Pontes organiza unha charla sobre mobilización de terras como acción de futuro no rural
A actividade desenvolverase o próximo 3 de xuño ás 19:00 horas na Casa Dopeso
O Congreso apoia protexer a cheminea da central das Pontes como patrimonio industrial
A iniciativa aposta por conservar este símbolo industrial e explorar novos usos ligados á investigación, á innovación ou á educación ambiental
As Pontes volve convocar a Andaina Solidaria Contra o Cancro que se celebrará o 7 de xuño
O obxectivo principal da convocatoria é a recadación de fondos destinados á investigación, así como o apoio integral a pacientes e familias
O Poboado das Veigas celebrará tres días de festas con deporte, música e actividades populares
As celebracións comezarán o venres coa disputa do maratón de fútbol sala feminino e masculino
“O museo conta cun fondo duns 4.000 obxectos expostos”
José María López Ferro é o presidente e fundador do Monte Caxado
As quedadas laneiras das Pontes continúan este domingo
Ademais de tecer, as participantes poderán compartir experiencias e técnicas ata as 19.00 horas
Regresará o 6 de xuño a cuarta edición de As Pontes Ecuestre
O comité organizador confirmou a apertura do prazo de inscrición para o Concurso de Saltos Territorial, no Campionato Galego de Andadura e máis nas probas da II Liga Ferrol-Eume-Ortegal
Blanco destaca nas Pontes o investimento en inclusión para familias con necesidades específicas de apoio educativo
Este reforzo, a través das bolsas NEAE do Ministerio de Educación, chegou a preto de 13.000 familias no curso pasado, triplicando o investimento de Gobernos anteriores





