Novas de Guitiriz
A Escola de Música Municipal de Guitiriz abre o prazo de renovación de matrícula para o curso 2026-2027
Entre os instrumentos que se imparten na escola figuran acordeón, batería, clarinete, frauta traveseira, saxofón, guitarra, piano, bombardino, trombón, trompeta e tuba
Guitiriz renderá homenaxe ao mestre gaiteiro Xesús López Ares “Suso” cunha xornada festiva no Campo da Feira
A programación dará comezo ás 13.00 horas cun pasarrúas a cargo de varios grupos de gaitas
O CIT de Parga prepárase para o IV Aberto Xogo da Ra, que se disputará o 17 de xuño
A actividade conta con prazas limitadas a 15 participantes e as inscricións estarán abertas ata o 12 de xuño
Evalúan no colexio de Guitiriz o programa Avatares, que utiliza robots para a atención personalizada de alumnos enfermos
Visita tamén o polo creativo do CEIP Terra Chá para coñecer o traballo que se caracteriza polo seu dinamismo
A Aula CeMIT de Guitiriz organiza un obradoiro presencial sobre as redes sociais e a seguridade
Está programada o vindeiro 11 de xuño a partir das 10:00 horas, coas inscricións para participar xa abertas
Xogal 2026 levará a dez concellos lucenses unha proposta de lecer para descubrir o patrimonio local
A programación arrancará o 13 de xuño en Cervo e continuará durante todo o verán por distintas localidades da provincia
O programa da Festa da Torta de Millo incorpora un showcooking co cociñeiro local Antón Castro
Vén de ser recoñecido como Cociñeiro Galego do 2026 e foi seleccionado entre os 100 Novos Talentos da Gastronomía polo prestixioso Basque Culinary Center
Unhas 40 persoas participaron na cuarta etapa do programa Guitiriz en Ruta
A próxima saída polo tramo do Camiño Norte de Santiago, entre Pígara e San Alberte, prevista para o 28 de xuño será aprazada pola coincidencia co San Xoán
Guitiriz celebrará as festas de San Xoán do 23 ao 28 de xuño cun amplo programa de actividades
As celebracións arrancarán o martes 23 cunha sardiñada e o tradicional lume novo a partir das 21.00 horas
Guitiriz abre o prazo para inscribirse nunha viaxe a Pontevedra o día 8
As prazas serán limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio
O chef de Guitiriz Antón Castro gaña en Vigo o Premio Cociñeiro Galego do Galicia Forum Gastronómico
Defensor dunha cociña galega actualizada, preparou un prato de fabas de Lourenzá e peixe do día
Btteando por Guitiriz reúne unha vintena de ciclistas na Ruta do Cordal
O itinerario constou dun percorrido de 20 quilómetros de largo e 300 metros de desnivel e a próxima saída será despois do verán
O Correlingua reunirá en Lugo a centos de estudantes da provincia nunha nova defensa festiva do galego
Na cita da capital participarán quince centros educativos procedentes de Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Monterroso, Quiroga e Navia de Suarna
O Guitiriz en Ruta percorrerá a etapa Laxe-Arou do Camiño dos Faros
Será a cuarta saída da oitava edición do programa e as inscricións, de pago ao ser unha ruta fóra do municipio, estarán abertas ata o venres 29 de maio
O Museo Pepe de Pígara celebra unha xornada de portas abertas para lembrar os oficios perdidos
A iniciativa desenvolverase nas instalacións do museo e incluirá demostracións prácticas con aparellos conservados no propio espazo expositivo, visitas guiadas e unha conferencia especializada
Medio milleiro de persoas participaron en Guitiriz na Festa do Xubilados e Xubiladas
Ademais do xantar, houbo música, baile e o tradicional sorteo de agasallos
Eventos
OcioenGalicia
Festival Literario de Allariz (FLAZ)
OcioenGalicia
Film Symphony Orchestra presenta “Odisea” en A Coruña
Guitiriz anuncia novas datas para a formación en IA Xenerativa
A actividade gratuíta realizarase de novo os días 26 e 28 de maio e 2 e 3 de xuño e as inscricións estarán abertas ata o vindeiro luns, 25 de maio
O BTTeando por Guitiriz celebra este domingo 24 a terceira saída do ano
Realizarase a Ruta do Cordal, coas inscricións abertas ata o xoves 21 de maio
O I Rallymix Concello de Guitiriz – Gran Premio Deputación de Lugo terá lugar en xuño
A escudaría Scratch Galicia abre as inscricións para a competición, na que haberá máis de 6.300 euros en premios entre as Clases A e B
O Guitiriz xogará polo ascenso a Primeira tras un intenso final de Liga
Final de competición tamén en Primeira, onde o Vilalbés B remata quinto e mantén a categoría
Guitiriz celebra as Letras Galegas con teatro e unha mostra interactiva sobre Begoña Caamaño
Ata finais de mes pódese visitar unha exposición sobre a vida e obra da autora homenaxeada e participar nun xogo de ‘Pasapalabra’.
Guitiriz abre o luns o prazo para anotarse aos campamentos de verán
Levaranse a cabo do 6 ao 10 de xullo e inclúe unha visita ao Aquapark de Cerceda e ao Parque Multiaventura Galipark en Padrón
A Aula CeMIT de Guitiriz convoca un curso gratuito sobre Intelixencia Artificial
A formación presencial celebrarase os días 19, 21 e 26 e 28 de maio en horario de 10:15 a 12:15 horas








