Novas de Riotorto
Riotorto organiza unha excursión a Gijón e Oviedo o 12 e 13 de decembro
O prezo da excursión é de 150 euros por persoa e inclúe todos os servizos previstos no programa
O grupo Os Pícaros da Lagoa representará en Riotorto a obra 'Estes vellos saben moito… ou non»'
A función será este sábado, 24 de outubro, ás 22.00 horas no Centro Sociocultural, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo
Sandra Gómez López preside a nova directiva da Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea
O equipo directivo complétase con Ana Veiga García, Ana do Xuez, como vicepresidenta; Ánxela Fernández Fernández, Angelina de Fleire, como secretaria; e David Varela Díaz, David de Campos, que exercerá como tesoureiro
Riotorto acollerá unha charla sobre protección de datos persoais e prevención de fraudes
A charla, enmarcada no Programa de Educación Financeira, comezará ás 12.00 horas e estará orientada a ofrecer recomendacións para operar con maior seguridade coas tarxetas e dispositivos
A parroquia de Ferrería celebra as festas na honra a San Antonio o sábado 19
A música correrá a cargo de Octopus Sound, o dúo Son de festa e o Dj Bombardero
Presentan o programa da Feira de Gando de Augaxosa que comparte celebración coas festas patronais
A inauguración terá lugar ás 9.30 horas e repartirá máis de 800 euros en premios para as gandeirías que presenten un maior número de animais
Augaxosa prepara unha nova edición da súa histórica Feira de Gando e Mostra de Razas Autóctonas
A cita celebrarase o este sábado en Riotorto e combinará tradición gandeira, oficios populares, artesanía e produtos locais
Riotorto prepárase para a quinta edición da súa Baixada de Carrilanas
Hoxe luns, 31 de agosto, será o último día para inscribirse na proba
O XII Roteiro Avelino Díaz percorrerá o camiño entre a casa natal do poeta e A Pena
Para participar é necesario inscribirse previamente, indicando o nome completo, preferentemente antes do mércores 26 de agosto ás 22.00 horas
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
Entregan dúas vivendas de promoción pública en Riotorto e Viveiro en réxime de alugamento
O delegado territorial, Alfonso Villares, destacou durante o acto de entrega a aposta do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda
As festas do Carme de Muxueira celebraranse esta fin de semana con música, gastronomía e verbena
Os festexos darán comezo o venres cunha churrascada popular a partir das 21.00 horas
A ITV móbil agrícola estará en Riotorto o venres e o luns
Para recibir asistencia é necesario pedir cita previa
Riotorto celebrará as súas festas na honra a San Pedro o luns
O programa dará comezo á 13.00 cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do dúo Belinda
Entregados en Meira os premios do Certame Avelino Díaz tras unha exitosa edición
Os galardóns foron para estudantes de Meira, Riotorto, A Pontenova, Lugo e para adultos de Ourense, Mugardos, Nigrán, A Baña, A Coruña e Cospeito
O CEIP de Riotorto pechou o curso cun almorzo saudable
Esta iniciativa, impulsada polo Consello en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria, busca fomentar os hábitos alimentarios saudables entre os máis pequenos
Eventos
Autorizado un novo convenio para a construción da residencia de maiores en Riotorto
O montante deste acordo é de 275.000 euros para financiar as obras deste equipamento de titularidade municipal
Aldurfe celebra as súas patronais esta fin de semana
Ademais, o día 29 terá lugar unha comida popular no campo da festa, que estará amenizada pola sesión de tarde do dúo Sonidos
Riotorto celebra o sábado o XX Festival Coral coa participación de agrupacións de Cangas de Foz e Cospeito
Unha cita musical que reúne distintas agrupacións corais para conmemorar o vixésimo aniversario deste encontro cultural
Montilla e Trillo cumpren os prognósticos e impóñense no Trail de Os Muíños de Riotorto
A convocatoria reuniu arredor de 250 participantes entre as probas para adultos e as categorías infantís
Riotorto abre o prazo para solicitar o alugueiro das vivendas sociais do Pontigo
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 18 de xuño de 2026
A Asociación Cultural Avelino Díaz celebrará a súa asemblea xeral ordinaria o sábado en Meira
Na orde do día tamén figura a exposición, debate e aprobación do informe de xestión do colectivo e a renovación da directiva
A Casa da Cultura Avelino Díaz acollerá un novo espazo de benestar emocional
A creadora do método Sense-i iniciará en maio encontros semanais gratuítos centrados na intelixencia emocional e no desenvolvemento persoal










