Novas de Castro de Rei
A IV Festa dos Ovos Rotos de Ribeiras de Lea celebrarase este sábado
Durante a xornada haberá showcookings e degustacións gratuítas, pasarrúas, xogos tradicionais, unha concentración de Vespas clásicas e demostracións en vivo de diferentes oficios tradicionais
O Pol B proclámase campión do I Cuadrangular Vila de Castro
O filial do equipo polense superou o Pastoricense e impúxose ao Celta Barreiros na final, decidida nos penaltis, nunha xornada marcada polo fútbol, a calor e o bo ambiente
A Deputación presenta catro xovencas de Gayoso Castro no Concurso-Exposición da Fonsagrada
Os animais de raza Rubia Galega acadaron un prezo medio de 3.475 euros na poxa celebrada durante o certame
O Club Coyote Pedal celebra o día 19 a súa marcha cicloturista BTT número VII
Partirá ás 9.30 da mañá do Teleclub de Bazar en Castro de Rei
Juan Carlos, Bonxe e Lu coróanse campións galegos de billarda en Castro Ribeiras de Lea
O Campionato reuniu 80 palanadores e palanadoras no Arturo Pereiro, nunha xornada marcada pola competición, o compañeirismo e a presenza de dezaseis xogadores do equipo local
López Campos visita no Castro de Viladonga o campo de voluntariado no que participan 18 mozos e mozas de distintos países
As actividades inclúen tarefas de limpeza e mantemento vencelladas á actuación arqueolóxica neste enclave no que o Goberno galego leva investido máis de 1M€
O FSF Castro Cando, subcampioas da Copa Ibérica
A porteira Caridad García Díaz foi elixida Mellor Porteira do Torneo
O CEIP Veleiro Docampo abre as inscricións para a súa ocioteca de tardes
Funcionará de luns a venres, de 15.30 a 17.30 horas, co obxectivo de facilitar ás familias a conciliación familiar durante o curso escolar
Castro de Rei remata coa malla a celebración da súa tradición agraria
A asociación Amigos da Feira organiza un programa que combina demostracións etnográficas, artesanía, música tradicional e gastronomía popular
A Banda Filarmónica de Lugo actuará no Aeródromo de Rozas o venres
As persoas interesadas en asistir deberán enviar un mensaxe privado aos organizadores indicando o nome e o número de acompañantes
Quintela, en Castro de Rei, estará de festa esta fin de semana
A música correrá a cargo do grupo D' Kris, Dj Bombardero e o dúo Venus
Ribeiras de Lea prepara a IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía
A xornada celebrarase o 12 de setembro con artesanía, música tradicional, gastronomía, xogos, unha concentración de Vespas clásicas e actuacións musicais
A Casa da Galería acollerá unha conferencia de Ricardo Polín sobre Francisco de Fientosa no 90 aniversario do seu asasinato
A charla, titulada Fientosa, poeta de noso na fosa, presentará novas investigacións sobre a vida e a morte do escritor
O Museo do Castro de Viladonga alcanza unha cifra histórica con 700.000 visitas desde a súa apertura
O espazo arqueolóxico de Castro de Rei celebra un fito que resume catro décadas de divulgación do patrimonio castrexo e galaico-romano
As festas de cinco parroquias lucenses promocionarán as carnes de razas autóctonas durante agosto
O programa da Vicepresidencia da Deputación ‘Un Gusto de Rural, un Rural Degusto’ levará degustacións de vacún, porco celta e galiña de Mos a Castro Ribeiras de Lea, Ludrio, Cela, Martul e Bonxe
Outeiro de Rei convida a vivir unha noite única co eclipse total de Sol e as Bágoas de San Lourenzo
O Concello colaborará co GDR-4 nunha xornada gratuíta o 12 de agosto que combinará a observación de dous dos fenómenos astronómicos máis espectaculares do ano
Castro Ribeiras de Lea prepárase para vivir catro días de festa grande con orquestras de primeiro nivel
O programa abrirase o venres 7 de agosto co pregón e a IV Churrascada Veciñal
Ramil celebrará as súas festas na honra de Santa Mariña cunha churrascada popular e tres xornadas de música e tradición
A parroquia de Castro de Rei acollerá desde o venres un completo programa festivo con misas, procesións, sesións vermú e actuacións musicais
Castro de Rei reparte de balde lentes homologadas para observar con seguridade a eclipse solar
O bando establece ademais que un único membro de cada unidade familiar poderá retirar as lentes correspondentes ao resto da familia
O aeródromo de Rozas converterase nun auditorio ao aire libre cun concerto da Banda Filarmónica de Lugo
A actuación gratuíta celebrarase o 28 de agosto no exterior do hangar principal e contará cos avións como pano de fondo
Investigadores de Vigo e Cruz Vermella analizan a eficacia de terapias con realidade virtual en Castro Ribeiras de Lea
Desenvolveron os estudos en residentes do Centro de Parálise e Dano Cerebral e do Centro de Patoloxía Dual
Arrancan as festas en Duarría cunha churrascada o venres
O punto final a estes festexos, que contan coa colaboración do Concello de Castro de Rei, poñerase a partir das 20.00 horas cun animado tardeo musical de novo da man de Super Top
A XXIII Festa da Malla de Castro de Rei celebrará tres xornadas para reivindicar as tradicións do campo
A sega, a meda e a malla desenvolveranse durante o mes de agosto cun programa que combina demostracións tradicionais, mercado de artesanía, música e un xantar popular




