Novas de As Pontes
As Pontes celebra este sábado a XXXIX Mostra Coral
Trátase dunha cita tradicional que se organiza arredor das Festas do Carme e da Fraga
As Pontes presenta o programa das Festas do Carme e da Fraga, con máis de 50 actividades
O Concello aposta por unha programación que combina tradición, cultura, música e participación cidadá durante máis de tres semanas de celebración
As Pontes aproba un orzamento de 16 millóns de euros con reforzo da área social
No mesmo Pleno deuse luz verde a un suplemento de crédito por importe de 214.000 euros destinado a reforzar a partida de promoción do deporte e as subvencións a entidades deportivas
Comercio na Rúa volve ás Pontes para impulsar as rebaixas e premiar a fidelidade ao comercio local
A campaña de Cohempo celebrarase do 1 ao 4 de xullo coa participación de 18 establecementos e sorteará prazas para unha clase de barré ao aire libre
A Xunta somete a información pública a planta de vehículos eléctricos de SAIC en Ferrol
A iniciativa, declarada Proxecto Industrial Estratéxico (PIE), contempla un investimento próximo aos 197 millóns de euros, ademais doutra planta nas Pontes
Extinguido o incendio das Fragas do Eume, o último que quedaba
O lume comezou ás 05.27 horas do martes e afectou finalmente unha superficie de 52,85 hectáreas, das cales 39,85 corresponden a monte raso e as 13 restantes a arborado
O Concello das Pontes aproba por unanimidade a servidume de auga para a planta de biofibra de Ence
A autorización permitirá executar as infraestruturas de captación e condución de auga vinculadas ao Proxecto Industrial
O lago das Pontes estrea unha cita co tríatlon este sábado
Ademais da competición, o evento contará con actividades complementarias no entorno do lago, con música en directo, DJ e zona gastronómica
A Xunta probará o xoves o funcionamento das sirenas da presa da Ribeira das Pontes
Servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este luns
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carmen
Clausúrase nas Pontes o obradoiro de memoria coa entrega de diplomas
O acto celebrouse ao peche deste programa municipal, no que participa
As Campeiras organiza o San Xoán cunha gran sardiñada e festa popular
O prezo da entrada será de 15 euros para socios e 20 euros para non socios. Os tíckets poderanse recoller na tenda de Elicio ata o venres 19 de xuño
A Cuíña e Os Chaos preparan tres días de festa con música, gastronomía e verbena nas Pontes
O programa festivo arrancará o venres cunha degustación de liscos e chourizos a partir das 20.30 horas
A xornada Amas da terra das Pontes reforza o apoio ao emprendemento feminino no rural
A chef Lucía Freitas deu a coñecer o proxecto, que rende homenaxe ás mulleres que fixeron da gastronomía e da cultura galega un legado vivo
As Pontes prepárase para vivir unha nova edición da Noite Meiga
A cita será o luns 23 de xuño, a partir das 19:00 horas, no espazo do Canal IV, cun completo programa de actividades pensado para todos os públicos
As Pontes acollerá unha nova edición da Ruta do Eume de mototurismo
A proba, puntuable para o Campionato Galego, celebrarase o 27 de xuño cun percorrido secreto de 320 quilómetros
Eventos
OcioenGalicia
X Festival Rúa Ext-Cénica en Oleiros
OcioenGalicia
Fiestas del Carmen en Foz
OcioenGalicia
XXII Feira Outrora de Rubián
OcioenGalicia
David Planas expone En busca de la felicidad en Santiago
OcioenGalicia
VIII Fest Clásico Ribeira Sacra
OcioenGalicia
Feria de Cantería, Callos y Artesanía de Parga
O martes abre o prazo de matrícula na Escola da Barosa das Pontes
Os pais e nais dos alumnos e alumnas de novo ingreso deberán achegarse ata as instalacións antes do 30 de xuño
Unha terraza xunto á capela do Carme en As Pontes desemboca nunha campaña para solicitar o relevo do párroco
O conflito arrincou hai máis de dous meses debido á colocación dunha estrutura hostaleira nun lateral do templo
O Esteo organiza un campus de fútbol sala para nenos e nenas nas Pontes durante o mes de xuño
A actividade desenvolverase do 22 ao 25 de xuño no pavillón da Fraga e estará dirixida polo xogador Adrián Martínez Vara Adri
Regresa este sábado ás Pontes a Romería das Merendas
A programación arrancará ás 13:00 horas cunha exposición de coches antigos e coa sesión vermú coa Escola Municipal das Pontes, No Cómbaro da Casa e Troula do Ortegal
O Consorcio Provincial de Salvamento de A Coruña reforzará a prevención e a formación nos servizos de emerxencias
O organismo que coordina dez parques de bombeiros aprobou novos acordos para mellorar a preparación ante riscos, facilitar prácticas profesionais e modernizar a súa xestión
As Pontes incorpora unha nova educadora familiar ao departamento de Benestar Social
A profesional permitirá ampliar o traballo de acompañamento, prevención e intervención socioeducativa con menores e familias do municipio
O Club Baloncesto As Pontes organiza unha semana de portas abertas para captar novos xogadores
A iniciativa desenvolverase do 8 ao 15 de xuño e está dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2009 e 2021





