TerrachaXa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG defenderá no Pleno da Deputación un novo modelo contra os incendios forestais e máis recursos para o ensino
O Grupo Provincial Socialista levará unha proposta de goberno á sesión do mes de xullo para reclamar á Xunta unha reforma integral da política galega
Friol executa obras de abastecemento de auga para 19 vivendas nos barrios da Noite e Os Castelos
As obras consisten na instalación das conducións necesarias para conectar as vivendas á rede municipal, reforzando as infraestruturas hidráulicas do municipio
A Asociación de Patrimonio Industrial das Pontes insiste en reclamar protección para a cheminea da antiga térmica
Desde o colectivo lembran que o expediente administrativo actualmente en marcha expira no mes de marzo do próximo ano
GaliciaXa
O nº 42.022 da serie 017, distribuído na provincia de Lugo, primeiro premio do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella 2026
Ademais dos cinco premios principais, repartíronse milleiros de premios aos números coincidentes con diferente serie á premiada
A Feira do Bonito e Produart ofrecerán unha tapa de filloa de Muimenta rechea de bonito
A cita, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, celebrará a súa corenta edición cun amplo programa de degustacións, actividades culturais, música e promoción do produto local
Vilalba abre o prazo de inscrición para a III Feira Intercultural, que se celebrará o 2 de agosto
As persoas interesadas poderán participar elaborando pratos típicos dos seus países de orixe, cuxo custo dos ingredientes asumirá o Concello
O Festival de Microcine converte Muras nun escenario cultural ao aire libre
Veciños e visitantes gozaron dunha sesión gratuíta de cine, celebrada na área recreativa da Veiga, con flocos de millo, refrescos e agasallos
As Pontes realiza un proxecto para mellorar a drenaxe en nove zonas do rural
A intervención desenvolverase en diferentes puntos da rede viaria das parroquias de San Pedro de Eume, A Faeira, Bermui, O Aparral, O Freixo e As Pontes
Miraz celebrará esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Carme e ao Apóstolo Santiago
As celebracións comezarán o venres cunha cea popular a partir das 21.30 horas, na que se servirán liscos e chourizos
A Deputación da Coruña financiará obras de mellora do local social pontés da Asociación Veciñal das Campeiras
A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, visitou a entidade, que realizará diversos traballos de conservación e acondicionamento da súa sede
Silva celebrará as súas festas na honra a Santiago Apóstolo cun amplo programa musical a fin de semana
A celebración arrancará o venres cunha misa ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Pasito Show
Festas As Pontes: Un fin de festa onde prima a amizade e a diversión
A Romaría da Fraga encherá a vila de música, tradición e festa os días 24 e 25 para poñer o colofón ás festas
'Saberes do Monte' bota a andar para impulsar a conservación e o desenvolvemento sostible
O proxecto desenvolverase ata 2028 en áreas piloto como Os Ancares, O Courel, Negueira de Muñiz ou a Serra do Xistral, combinando a protección da biodiversidade co apoio ás actividades tradicionais do rural
María José Gómez reafirmou en Vilalba a aposta do Goberno galego polo sector forestal
A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de Maderas Gayoso e destacou os traballos de restauración de soutos tradicionais, as liñas de axudas e o rexistro de masas consolidadas
GaliciaXa
Lugo acolle a presentación de 'Saberes do Monte', un proxecto para conservar a biodiversidade e impulsar o rural
A iniciativa traballará en cinco áreas de montaña de Galicia, entre elas Os Ancares e O Courel, promovendo actividades tradicionais e novos modelos de xestión do territorio
O Campionato Xunta de Galicia de Karting decidirá os campións da tempada en Outeiro de Rei
Os pilotos competirán nas categorías Prerookie, Escola IRT, Rookie Vortex, Rookie IAME, Mini Novel, Mini, Júnior, Sénior, KZ e KZ2
A Festa do Mandilón celebrará o seu segundo aniversario cun desfile de moda e actividades festivas en Saldanxe
A programación arrancará ás 21.30 horas e continuará ás 22.00 horas coa actuación musical do grupo O Arco da Vella
Moncelos celebrará as súas festas patronais cun intenso programa musical e gastronómico
O sábado 25, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo, a programación comezará ás 13.30 horas cunha misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Abadín
Modesto Renda escoitará aos veciños de Cidade de Viveiro este xoves
Os convocados poderán aclarar tamén dúbidas tamén sobre a renumeración da rúa
Entregan dúas vivendas de promoción pública en Riotorto e Viveiro en réxime de alugamento
O delegado territorial, Alfonso Villares, destacou durante o acto de entrega a aposta do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda
Finaliza o proceso de expropiación da vía LU-231 que conectará Palas de Rei coa A-54
Os propietarios das parcelas afectadas xa recibiron as actas de ocupación dun proxecto chamado a mellorar as comunicacións entre Palas de Rei, Friol e a autovía
A Deputación renova o apoio ao servizo de asistencia xurídica para persoas internas nos cárceres de Bonxe e Monterroso
A institución provincial achega 12.000 euros ao Colexio da Avogacía de Lugo para garantir o funcionamento do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penal
Festas As Pontes: A Casa Dopeso acolle unha exposición de debuxos inspirados na música
A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.30 horas, mentres que para as visitas en sábado é necesario consultar previamente a dispoñibilidade





