TerrachaXa
Entrepinares investirá na súa fábrica de Vilalba 20 millóns para fabricar Queso Cottage
A súa posta en marcha está prevista para o segundo semestre de 2027 e contempla un período de execución de aproximadamente 18 meses.
Julio Guntín asume a presidencia do Vilalba F.S. tras a renovación da directiva
A planificación da próxima tempada xa está en marcha e un dos asuntos clave será a configuración definitiva das categorías nacionais
Organizan en Roupar un obradoiro sobre remedios tradicionais con plantas medicinais autóctonas
A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 19.30 horas e está dirixida ás persoas interesadas en coñecer os usos e aplicacións da medicina popular
Outeiro de Rei acolle a proxección do documental sobre Mary Quintero
O documental está dirixido por María Ojea e conta coa produción de Roberto Quintero e a produción executiva de Fernando Marcote
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Abre o prazo de solicitude das axudas O que non Arde, dirixidas a gandarías en réxime extensivo
A localidade de Alba festexa o San Xoán a fin de semana
Contará coa música de Rosel, La Oca Band e Mar-da-Vila
Extinguido o incendio de Xermade mentres continúa controlado o lume de Padrón
No incendio xermadés arderon 36 hectáreas e no coruñés 350
Inauguran a oficina de emprego de Vilalba tras a remodelación realizada cun investimento de 756.000 euros
As novas instalacións dan servizo tamén á veciñanza de Guitiriz, Cospeito ou Xermade, tras terse atendido en 2025 case 5.600 citas
Pecha unha nova edición dos Xogos da Primavera de Guitiriz co IV Aberto Xogo da Ra
O CIT de Parga acolleu a competición, na que participaron 14 xogadores
Clausúrase nas Pontes o obradoiro de memoria coa entrega de diplomas
O acto celebrouse ao peche deste programa municipal, no que participa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG acusa a Ameijide de “mentir deliberadamente” para construír unha “campaña de intoxicación”
O CEIP Veleiro Docampo convoca a súa festa de fin de curso con teatro, música e actividades infantís
Para asistir á celebración será necesaria inscrición previa
Medio Rural mantén controlados os incendios de Padrón, Boborás e Xermade
As chamas afectaron en conxunto a un total de 635 hectáreas sendo o lugués o máis pequeno
O Iescha presenta en Vilalba a novela 'Hoxe toca Leiva?' de Lois Pérez
O acto desenvolverase ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba e contará coa participación do propio autor
A Cuíña e Os Chaos preparan tres días de festa con música, gastronomía e verbena nas Pontes
O programa festivo arrancará o venres cunha degustación de liscos e chourizos a partir das 20.30 horas
Pecha no CEIP Otero Pedrayo de Rábade o programa Vexo Veo Xacobeo
Nesta quinta edición participaron 20 centros educativos e case 1.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia
Recollen doazóns de sangue en Vilalba o venres e o sábado
O municipio lucense acadou no 2025 un índice de 35 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Prevesos e Ribeiras do Lea ultiman as súas festas patronais para a fin de semana
No primeiro actuarán Fénix, Eureka e Venus mentres que no segundo a música estará a cargo de Punto Clave, Charlestong Big Band e Galaxia
GaliciaXa
A Deputación prepárase para o eclipse co reparto de gafas especiais e dípticos e coa celebración de relatorios
Carmela López anunciou que a institución provincial distribúe desde este mércores material por toda a provincia tendo en conta o número de habitantes de cada concello
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP levará ao Pleno os pagos da defensa de Tomé ante as acusacións de agresión sexual
A Presidencia da Deputación de Lugo nega que se decidise pagar a defensa de José Tomé e acusa ao PP de difundir información incorrecta
A Deputación presenta un novo volume sobre a tradición oleira de Lugo desde unha perspectiva técnica
A publicación afonda nas formas e procesos da cerámica popular de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós e incorpora análises inéditas sobre a súa elaboración
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP saca adiante no Senado unha moción para esixir ao Goberno cetral o acceso á telefonía móbil no rural
A iniciativa resultou aprobada (votos a favor do PP e BNG e abstención do PSOE) na Comisión de Transformación Dixital
O PSOE acusa á alcaldesa de Rábade de pedir melloras en instalacións "que non permitiu votar no pleno"
Alejandro Martínez critica que “teña a cara” de pedir actuacións no campo de fútbol e no pavillón municipal logo de negarse a debater a proposta socialista na que se solicitaban
A ANPA de Xermade pecha hoxe o prazo para anotarse no Xantar Interxeracional do colexio
A organización tamén ten preparadas actividades específicas para a cativada, que contará con merenda e inchables durante a tarde
A Escola Municipal de Teatro de Vilalba pechará o xoves o curso cunha mostra infantil e xuvenil
O evento terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio Municipal e contará con entrada gratuíta




