TerrachaXa
Mourence organiza a súa segunda andaina veciñal para descubrir o patrimonio da parroquia
A ruta celebrarase o domingo 14 de xuño cun percorrido de 8,5 quilómetros por distintos puntos de interese da contorna
Abadín acollerá a presentación do Proxecto Aloumiños para promover o benestar e combater a soidade
Desde a organización explican que esta iniciativa busca tamén mellorar a adherencia aos tratamentos médicos e favorecer unha mellor calidade de vida
O Ciclo de Cinema Mestre Mateo regresa a Meira coa proxección do documental 'Ao son da nova regueifa'
A Casa da Cultura acollerá este mércores a primeira sesión da edición 2026 cun filme candidato aos Premios Mestre Mateo
Juan Gabriel Fernández brillou na proba raíña do concurso de saltos de As Pontes Ecuestre
A emoción da competición ecuestre regresou ao lago co CST, o Campionato Galego de Andadura, o Torneo de Horseball e a II edición da Liga Ferrol-Eume-Ortegal
Xa se poden pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán de Xermade
Estas solicitudes deberán presentarse no Concello antes do día 19 de xuño
O Concello de Friol abre as súas piscinas este sábado
De luns a venres permanecerá aberta dende as 14:00 ata as 20:00 horas, sendo mais amplo este horario nas fins de semana e nos días festivos
A Ruta Cabalar ao San Antonio de Abadín terá lugar o sábado
Non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo
Recollen doazóns de sangue este martes en Pastoriza e Abadín
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 18.30 horas na praza do Concello pastoricense e logo, de 19.00 a 21.00 horas, situarase no lateral do colexio abadinés
Outeiro de Rei organizará unha andaina solidaria para promover a doazón de medula e sangue
O percorrido será unha ruta circular de cinco quilómetros e dificultade baixa, pensada para facilitar a participación de persoas de todas as idades
O Consello da Cultura Galega incorpora fondos da sociedade de emigrantes Hijos del Ayuntamiento de Abadín
Entre outubro do 1921 e xaneiro de 1922, un grupo de emigrantes deste lugar decidiron crear na Habana unha asociación, seguindo o modelo de moitos outros, e máis dun século despois continúa activa
Friol organiza de novo os campamentos de verán a partir do 22 deste mes
Esta actividade de verán comezará o día 22 de xuño e rematará o 4 de setembro e o prazo para inscribirse xa está aberto
Os veciños de Begonte contarán o día 10 con recollida de residuos
Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ao teléfono do Concello 982 39 61 43
A voz dos alcaldes: “Cando unha necesidade queda solucionada é un orgullo persoal e colectivo”
O rexidor de Abadín, José María López Rancaño, é un dos máis antigos da provincia de Lugo, tras comezar a súa andaina política da man de Alianza Popular. Mantén no concello un claro bipartidismo, superando nun concelleiro ao partido socialista
Castiñeiro Milenario organiza en Begonte a súa Foliada de Primavera cos tradicionais maios
A Casa do Pobo do Castro acollerá unha xornada dedicada á cultura popular galega con actuacións musicais e actividades arredor da tradición dos maios
O SDC Cabreiros celebrará o 13 unha xornada festiva para pechar a tempada
O Campo da Cea acollerá partidos amigables entre distintas xeracións, unha comida popular e unha sesión musical para celebrar o remate da campaña deportiva
A cuarta edición de Vintalba terá lugar este domingo na praza de Santa María
O mercado de segunda man continúa consolidándose como unha das propostas con mellor acollida dentro da programación dos domingos de feira
A poesía da Terra Chá resoou en Vilalba na décima edición de “No bico un cantar”
Máis de 400 nenas e nenos de toda Galicia participaron nun concerto coral que homenaxeou os poetas chairegos e anunciou unha futura edición dedicada a Xosé Neira Vilas
Muimenta acolle este domingo a XVIII Festa dos Xogos Tradicionais
A xornada contará cun espectáculo sobre narración oral de Inma Soto e Tamara Soto, a música en directo de Leña Verde, un xadrez xigante e un obradoiro de xoguetes sonoros
A Festa da Torta de Millo regresa este domingo a Guitiriz
A programación dará comezo ás 11:00 horas coa apertura da mostra de artesanía e dos postos de venda e degustación
A Rapa do Campo do Oso prepara a súa 47ª edición cunha xornada de tradición, gastronomía e música
A cita reunirá o 28 de xuño a xinetes, gandeiros e público arredor dunha das celebracións máis representativas do patrimonio rural da comarca
O BNG de Pol organizou unha charla sobre as novas oportunidades do sector forestal e o mercado do carbono
A deputada nacionalista Montse Valcárcel abordou en Rioxoán cuestións prácticas dos créditos acompañada de Branca Fernández
A Capela de Santa María acolle a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos
A mostra reúne máis de 70 pezas realizadas por artesáns e artesás participantes no Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade






