TerrachaXa
O Festival Cultural Pozomouro anima a participar na decoración da área recreativa Ribas do Miño
A actividade terá lugar hoxe,19 de agosto, a partir das 16.00 horas, e está aberta a persoas de todas as idades
As Pontes acolle do 20 ao 23 de agosto unha nova edición de The Burger Top
O Skatepark será o escenario desta proposta gastronómica, que ofrecerá hamburguesas elaboradas con ingredientes premium e receitas orixinais
GaliciaXa
Unha eclipse parcial de Lúa toma o relevo do eclipse total de Sol do 12 de agosto
Tras o histórico fenómeno solar vivido hai apenas dúas semanas, España poderá contemplar na noite do 28 de agosto unha nova eclipse, nesta ocasión lunar, visible a simple vista e sen necesidade de protección
Supervisan as obras de ampliación do local social de Carral, en Begonte
A conselleira do Medio Rural comprobou os avances dos traballos, que contan cun investimento por parte do Goberno galego de máis de 170.000 euros
O Concello de Vilalba subvencionará todos os gastos para favorecer o agrupamento de terras agrarias
O proxecto pretende facilitar o agrupamento de parcelas mediante intercambios consensuados, bilaterais e mutuos entre os propietarios
Villares supervisa en Cospeito a achega que permitirá construír unha pista deportiva
O Concello resultou beneficiario este ano dunha achega autonómica de 39.596 euros para a construción desta infraestrutura municipal destinada á práctica de tenis
A escola de música de Baamonde recibe 34.000 euros para mellorar a súa accesibilidade
Este proxecto cultural, que implica tamén aos concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Friol
Rematan esta fin de semana en Vilapene as festas na honra da Nosa Señora
O programa concluirá o domingo 23 de agosto cunha misa ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú amenizada polo Dúo Charada
Raúl Río recibirá o Caxato de Avelino nun acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo
O recoñecemento entregarase o 20 de agosto en Oza (Teo) e distinguirá a traxectoria do xornalista e activista cultural natural dos Vilares, en Guitiriz
A SD Cazás conquista o XIV Trofeo Concello de Xermade nos penaltis
O equipo impúxose á SDC Cabreiros nunha final igualada que rematou 1-1 e tivo que resolverse desde os once metros
O Club Baloncesto As Pontes abre as inscricións para a XVII edición do seu Campus de Verán
O campus desenvolverase entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, en horario de 10.00 a 18.00 horas, e está destinado a participantes de entre 8 e 18 anos
A Xuventude de Lanzós presenta o cartel da XI Festa da Xuventude, que se celebrará o 17 de outubro
O apartado musical estará protagonizado polas actuacións de Punto Clave, Los Satélites e París de Noia
GaliciaXa
‘Galiza Natura’, o libro que convida a descubrir e protexer as paisaxes máis valiosas de Galicia
Marcos Reinoso e a ilustradora Eva Piay asinan unha obra divulgativa dirixida a nenos e adultos que percorre espazos naturais emblemáticos e aborda os principais retos para a súa conservación
As Pontes reúne esta fin de semana a catro campións do mundo nunha gran festa do automobilismo
O Rallyshow Deputación da Coruña combina competición, exhibicións, vehículos históricos e actividades para o público nunha segunda edición que conta coa presenza de Luis Moya, Stig Blomqvist, Miki Biason e Petter Solberg
A Fundación RIA impulsará unha convocatoria para apoiar proxectos vinculados ás Fragas do Eume
As propostas que resulten seleccionadas recibirán apoio económico, acompañamento técnico durante o seu desenvolvemento e respaldo na difusión e comunicación das iniciativas
O Festival Cultural Pozomouro celebrará a súa sexta edición o sábado 22 en Muimenta cunha ampla programación musical e cultural
A cita contará tamén cun mercadiño cultural con diferentes proxectos artesanais e creativos, así como cunha zona de acampada gratuíta
GaliciaXa
Un ano de deporte en feminino
Parga estreará o I Cross Popular Vila de Parga o 26 de setembro no marco da Feira de Nadal
A proba contará con carreiras para as categorías Mini e Adaptada, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18 e Absoluta, ademais dun relevo mixto e dunha Fila
O PSOE asegura que Vilalba figura entre os concellos galegos mellor xestionados segundo o Consello de Contas
Os socialistas destacan que o municipio pechou 2024 sen débeda viva e sitúano entre os concellos con maior nivel de control económico
O Parque Móbil provincial contará cunha nova escavadora de cadeas de goma
A Xunta de Goberno adxudica tres actuacións na rede viaria provincial e aproba a compra dunha nova escavadora para o Parque Móbil
Máis de 288.000 euros para poñer a punto os polígonos industriais das Pontes, Narón e Cabanas
A Xunta financiará catro actuacións centradas na mellora de vías, pavimentos, sinalización e redes de pluviais nestes tres municipios de Ferrolterra
A Casa da Galería acollerá unha conferencia de Ricardo Polín sobre Francisco de Fientosa no 90 aniversario do seu asasinato
A charla, titulada Fientosa, poeta de noso na fosa, presentará novas investigacións sobre a vida e a morte do escritor
Veciños de Pino organizan unha excursión a Muxía e Vimianzo para o 13 de setembro
A viaxe inclúe transporte, almorzo, xantar e visitas á Virxe da Barca e ao Castelo de Vimianzo, con inscricións abertas ata o 4 de setembro
Pastoriza realizará unha nova recollida gratuíta de enseres e residuos voluminosos do 21 ao 25 de setembro
As persoas interesadas deberán solicitar o servizo previamente chamando ao teléfono 982 332 197





