Novas de Guitiriz
“As pequenas cousas que se fan a diario son as que inflúen na vida dos guitiricenses”
Marisol Morandeira Morandeira encadeou dúas lexislaturas consecutivas no Goberno tras catro anos da tamén socialista Regina Polín, coa que compartiu Goberno
Sambreixo e Santa Mariña celebran as súas festas esta fin de semana en Guitiriz
Na primeira, a programación comezará a partir das 21.00 horas, cunha gran verbena amenizada por Fusión Latina
A Pontenova foi o lugar escollido para unha nova etapa do ‘Guitiriz en Ruta’ con 37 participantes
A saída contou cun percorrido que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado, cun itinerario de 17 quilómetros
O Circuíto Profesional de Teatro inicia outubro as súas actuacións cunha parada en Parga
Trécola Producións porá en escea 'Gaela quere ser druída', o xoves 8 de outubro, ás 10.20 horas, no colexio de Santo Estevo, dirixido ao alumnado do centro
O programa Guitiriz en Ruta retoma a súa actividade cun percorrido pola Pontenova
As Escolas Deportivas Municipais organizan para este domingo unha andaina de 16 quilómetros e dificultade baixa
Os obradoiros contra a desinformación chegan este venres a Guitiriz
A sesión de alfabetización mediática terá lugar ás 19:30 na Escola Habaneira e estará impartido por Pilar Rodríguez Losada
Abre un novo prazo para cubrir as vacantes nas Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz
Ademais, o Concello habilitará novos grupos para dar resposta á demanda existente
O programa ‘Educando en Familia’ chega a varios concellos para acompañar as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos
Como novidade nesta edición en Xermade, o curso incorpora un servizo especializado de atención temperá a cargo dunha pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar
A ITV móbil de Turismos visita Guitiriz desde o martes
Estará situada no polígono industrial en horario de mañá e tarde, agás o día 25 que será só na quenda matutina
Arranca o XIII Festival de Cine de Roca, que levará a música e o cinema a Guitiriz esta fin de semana
A programación arrancará hoxe, xoves, no Café Pub Soa coa inauguración, a proxección de 'La marsellesa de los borrachos' e o concerto de Leo Arremecaghona
O Festival de Cine de Roca anuncia as curtametraxes finalistas da súa nova edición
As obras serán proxectadas o sábado 19 de setembro na Igrexa de Roca, ás 20.30 horas no caso das producións galegas e ás 22.00 horas no das non galegas
O cura de Momán reclama á Xunta a reparación urxente da LU-170, que comunica Parga con Cabreiros
Rodríguez Patiño sinala que a petición se formula «desde o respecto institucional, sen ánimo partidario e coa vontade de contribuír á procura dunha solución»
A Festa do Ecce Homo de Curro Vello celebra en Guitiriz dous días de música, verbena e tradición
A festa pecharase o luns ás 22.00 horas cunha gran verbena na que actuarán o Dúo Venús e La Banda de Ayer, no campo cuberto con carpa
O XIII Festival de Cine de Roca levará a música e o cinema a Guitiriz do 17 ao 19 de setembro
A programación arrancará o xoves 17 no Café Pub Soa coa inauguración, a proxección de 'La marsellesa de los borrachos' e o concerto de Leo Arremecaghona
Guitiriz acollerá este venres unha nova edición do Scratch Day para achegar a programación e a robótica á infancia
A actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos, desenvolverase na Aula CeMIT con prazas limitadas
Parga presenta o seu primeiro Cross Popular como unha nova proposta deportiva e familiar
As 200 primeiras persoas que recollan o dorsal recibirán un agasallo sorpresa e ao longo da tarde realizaranse sorteos de premios
Eventos
OcioenGalicia
I Encuentro Forestal del Noroeste en Ribadeo
OcioenGalicia
XII Foliada da Mariña de Xove
Últimos días para inscribirse no curso oficial de monitor de tempo libre de Guitiriz
Para participar será necesario ter cumpridos os 18 anos e contar co título da ESO ou equivalente
A Deputación inicia en Guitiriz as obras de mellora da estrada que comunica A Raiola con Buriz
A institución provincial destina máis de 200.000€ a estes traballos cos que renovará un tramo de máis de catro quilómetros da LU-P-2207
Chegan o 18 de setembro a Guitiriz os ‘Obradoiros contra a Desinformación’
A sesión combinará teoría e práctica e fomentará a participación para axudar ás persoas presentes a identificar información fiable
Negradas celebra as súas grandes festas na honra de San Miguel os días 26 e 27 de setembro
La Conexión, Fania Blanco Show, Principal e Alabama serán as encargadas do apartado musical
O Parga Rock prepárase para iniciar este venres unha edición que contará con grupos como Girlschool e Alcatrazz
A cita contará con dous escenarios, Pikarona e Kraken, o primeiro para os do pobo e o segundo o grande, e incluirá tamén actividades deportivas e de lecer
O Goberno rexeita o parque eólico Satrebares, proxectado entre Lugo e A Coruña, por motivos ambientais
A resolución, publicada este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE), baséase principalmente na declaración de impacto ambiental desfavorable emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
A UNED Sénior Coruña abre a matrícula para o curso 2026/2027 en sete concellos das provincias da Coruña e Lugo
Durante este curso, estará presente nas localidades de Lousame, Brión, Cambre, Paderne, Guitiriz, Xermade e Monfero, grazas á colaboración dos respectivos concellos







