Novas de As Pontes
O Esteo organiza un campus de fútbol sala para nenos e nenas nas Pontes durante o mes de xuño
A actividade desenvolverase do 22 ao 25 de xuño no pavillón da Fraga e estará dirixida polo xogador Adrián Martínez Vara Adri
Regresa este sábado ás Pontes a Romería das Merendas
A programación arrancará ás 13:00 horas cunha exposición de coches antigos e coa sesión vermú coa Escola Municipal das Pontes, No Cómbaro da Casa e Troula do Ortegal
As Pontes realizará melloras de camiños municipais nos lugares de Pumar-Fragachá e Sexe
Son vías que conectan os núcleos rurais coas principais estradas do termo municipal e que presentan na actualidade un estado de conservación deteriorado
As Pontes incorpora unha nova educadora familiar ao departamento de Benestar Social
A profesional permitirá ampliar o traballo de acompañamento, prevención e intervención socioeducativa con menores e familias do municipio
Arrancan nas Pontes as obras da segunda fase de mellora da avenida de Lugo
O proxecto contempla a eliminación do desnivel existente entre a calzada e as beirarrúas
A Asociación Amigos da Madeira de As Pontes abrirá as súas portas nunha xornada dedicada á artesanía da madeira
A actividade terá lugar no local sociocultural da Fraga, coñecido como Hexágono, e desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas
A CIG apoia o proxecto de SAIC para Ferrol e As Pontes e que non sexa "outro acto de propaganda"
A central agarda ademais que o novo modelo industrial non herde as fórmulas de precarización laboral do modelo Stellantis
A sala infantil da Biblioteca Municipal das Pontes reabre con horario reducido tras o seu peche temporal
O obxectivo é garantir que a cativada poida facer uso das instalacións nas mellores condicións posibles
A Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o complexo de fabricación de automóbiles SAIC
Prevé a creación dunha instalación no Porto Exterior de Ferrol, que podería xerar 2.000 empregos e impulsar a implantación de provedores nun polo industrial e loxístico nas Pontes
O Club de Rugby Fendetestas promove unha nova sesión da Escola de Familias centrada nos valores do deporte
A actividade terá lugar este domingo 31 de maio, entre as 11:30 e as 13:00 horas, na Asociación de Veciños As Campeiras
Finalizan nas Pontes as obras de mellora no camiño de Aparral entre Cabeza dos Fornos e Casas Ermas
A actuación contou cun investimento total de 60.164,08 euros e permitiu renovar a capa de rodaxe dun viario municipal de aproximadamente 900 metros
O Congreso apoia protexer a cheminea da central das Pontes como patrimonio industrial
A iniciativa aposta por conservar este símbolo industrial e explorar novos usos ligados á investigación, á innovación ou á educación ambiental
As Pontes celebra este sábado a VII edición do Slalom Vila das Pontes
A proba é puntuable para o Campionato de Galicia da Federación Galega de Automobilismo
As Pontes celebrará o 1 de xuño coa Feira Científica Intercentros 'Ponte nas ciencias'
O evento contará cun 'showlab', un espazo de demostracións en directo no que se realizarán experimentos e actividades divulgativas orientadas a sorprender e achegar a ciencia ao público
As Pontes volve convocar a Andaina Solidaria Contra o Cancro que se celebrará o 7 de xuño
O obxectivo principal da convocatoria é a recadación de fondos destinados á investigación, así como o apoio integral a pacientes e familias
O Poboado das Veigas celebrará tres días de festas con deporte, música e actividades populares
As celebracións comezarán o venres coa disputa do maratón de fútbol sala feminino e masculino
Eventos
As Pontes acollerá unha charla para familias sobre a prevención e detección do acoso escolar e o ciberacoso
A actividade terá lugar o luns 25 de maio, entre as 18.00 e as 20.00 horas, no soto da Casa Dopeso
O Poboado das Veigas acollerá un maratón de fútbol sala durante as festas de maio
O torneo masculino repartirá premios económicos e trofeos para os catro primeiros clasificados, cun premio de 1.000 euros para o equipo gañador
Blanco destaca nas Pontes o investimento en inclusión para familias con necesidades específicas de apoio educativo
Este reforzo, a través das bolsas NEAE do Ministerio de Educación, chegou a preto de 13.000 familias no curso pasado, triplicando o investimento de Gobernos anteriores
O Museo Etnográfico Monte Caxado inaugura hoxe a segunda exposición de Manuel Armada
A exposición reúne diferentes creacións realizadas a partir de ferraduras e outras pezas metálicas reutilizadas, convertidas en figuras artísticas de gran formato
Abre a matrícula para as acampadas intermunicipais de Vilarbó
Ao longo das distintas quendas, os participantes poderán gozar dunha ampla programación de actividades deportivas, de aventura e convivencia
Cohempo impulsa nas Pontes a Primavera en Feira e a recuperación da Festa da Tortilla Sorpresa
A programación incluirá tamén unha ludoteca infantil ambientada nunha feira americana, que se instalará no Parque Municipal e estará dirixida ao público máis novo
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este martes
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na praza do Carmen










