Novas de Muras
Cortan unha estrada en Muras ante o risco de derrubamento dunha ponte
Tamén están pechadas as que unen Begonte e Santalla, A Feira do Monte a Muimenta e a de Navia de Suarna ao Alto do Restelo
O alcalde de Muras informa á veciñanza do acordo histórico con Iberdrola que permitirá mellorar as axudas da luz
O alcalde definiu o acordo como “o comezo dun futuro mellor para Muras, con maior autonomía financeira sen depender de administracións que dificultan o noso crecemento”
O Pleno de Muras aproba o acordo con Iberdrola que permitirá aumentar as axudas da luz
Ademais dos concelleiros do equipo de Goberno votou a favor o concelleiro non adscrito, mentres que PP e PSOE abstivéronse
Muras aumentará as axudas da luz tras chegar a un acordo con Iberdrola
Trátase dun acordo “histórico”, xa que por primeira vez unha empresa eólica negocia directamente cun concello este tipo de compensacións
O Trail das Bestas de Muras foi distinguido como o mellor de Galicia na gala da Federación Galega de Atletismo
O galardón pon en valor o traballo colectivo que fai posible o evento ano tras ano, desde a organización ata a participación dos atletas
Abre o prazo para anotarse ao campamento de Nadal de Muras
Terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 22 e o 31 de decembro (24 e 31 incluído), todas as mañás entre as 10.00 e as 14.00 horas con actividades para todos
O Cargadoiro de Muras acada un novo récord con arredor de 100 exemplares vendidos na súa terceira edición
A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira
A voz dos alcaldes: “A calidade de vida dos veciños é o que nos move no día a día”
Manuel Requeijo Arnejo, rexedor de Muras, chegou á Alcaldía do concello menos poboado da Chaira logo dunha prolongada maioría do PP. Gobernou dúas lexislaturas en coalición e agora faino en solitario
Reúnese en Galicia o comité de seguimento do programa do Fondo de Transición Xusta de España
Os concellos da provincia de Lugo dentro do programa son Muras, Xermade e Vilalba, xunto a As Pontes
Requeijo insta ao PP a aclarar a súa postura sobre a Marca Muras pedíndolle que desbloquee o polígono industrial
O alcalde lembrou que o proxecto leva anos paralizado, malia ser unha actuación estratéxica para o municipio
Convocada unha obra de teatro en Muras para este sábado
Será na Casa do Médico, ás 20.000 horas, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais
A Feira do Mel de Montaña cumpre dez edicións como escaparate da calidade das producións apícolas de Muras
As producións locais son as protagonistas da feira, que se celebra o domingo 17 de novembro na Praza do Viveiró
Villar e Figueroa dominan a maratón no VIII Trail das Bestas de Muras
Máis de 400 deportistas participaron nas tres distancias (43, 27 e 12 km) nunha xornada rápida no Xistral, integrada nas Galicia Trail Running Series
Atila convoca un curso sobre uso da firma dixital e aplicacións móviles
As persoas interesadas poden inscribirse poñéndose en contacto coa directiva da asociación
Pontón reclama á Xunta o desenvolvemento de solo empresarial en Muras para impulsar o emprego
A líder do BNG acusa ao Goberno de Rueda de frear o crecemento económico do municipio e defende unha tarifa eléctrica galega que abarate a luz a familias e empresas
Muras ofrece dous cursos gratuítos para mellorar o uso do móbil e a seguridade en internet
As formacións, presenciais e sen custo, enmárcanse no programa provincial 'E para dixitalizarse, Lugo' e admiten inscricións ata o 5 de novembro
Últimos días para anotarse na oitava edición do Trail das Bestas de Muras
É unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e está integrada no circuíto Galicia Trail Running Series
Eventos
OcioenGalicia
Exposición de Raúl Velloso en A Coruña
OcioenGalicia
Concierto de Amancio Prada en Vigo
OcioenGalicia
Hugo Guezeta en concierto en Compostela
OcioenGalicia
Concierto de Antía Muíño en Ferrol
OcioenGalicia
Concierto de Antía Muíño en Compostela
OcioenGalicia
Concierto de LUBACK
O Pleno de Muras rexeita a proposta de Julio Díaz para instalar contedores soterrados
O concelleiro explicou que o proxecto pretendía executarse de forma paulatina e planificada, atendendo ás demandas que lle trasladaron directamente varios veciños
A oitava edición Trail das Bestas de Muras celebrarase o 9 de novembro
É unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e está integrada no circuíto Galicia Trail Running Series
Julio Díaz critica o mal estado da praza do Viveiró "a un mes da celebración da Feira do Mel"
Reclama ao Goberno local que "antes de facer as obras consulte á poboación o que necesita"
O SLG e Petón do Lobo celebran a paralización definitiva da mina de San Acisclo en Muras
A Administración de Xustiza de Madrid non admitiu o recurso de casación presentado pola Xunta de Galicia e pola empresa promotora
Julio Díaz afirma que non se opón a petición dun mestre de inglés para o Antía Cal
Explica que non se sumou á proposta nacionalista porque esta foi "imposta" e porque non quere que se "mesture educación con política"
O Trail das Bestas de Muras, que recupera a data de novembro, abre o prazo de inscrición
Esta dura proba de resistencia, será tamén puntuable para o Ráncking G3 das Galicia Trail Running Series
O PP de Muras critica o "abandono" da escola de Irixoa
A portavoz popular, Eugenia Requeijo, lamenta que “o alcalde non se preocupe por recuperar instalacións que son propiedade do Concello”



