Novas de As Pontes
Case 30 actividades levarán a intelixencia artificial, a innovación e o emprendimento a doce espacios da provincia
O Rede Coworking Fest celebrarase do 14 ao 20 de setembro con propostas gratuitas en municipios como Miño, Oleiros, As Pontes, Moeche e A Capela
Cohempo activa a campaña Volta ao Cole con agasallos e o sorteo dunha mochila escolar
A iniciativa desenvolverase do 3 ao 12 de setembro nos establecementos participantes e premiará as compras superiores a cinco euros
As Escolas Municipais Culturais das Pontes abren o luns o prazo de matrícula para o novo curso
A reserva de praza para o alumnado actual realizarase do 7 ao 15 de setembro e as novas inscricións poderán formalizarse entre os días 22 e 29
O Vilar, na Esfarrapa das Pontes, celebra este sábado a Festa de San Cristovo
A celebración incluirá misa e procesión, o pregón a cargo de Abel López Soto, unha comida popular, actividades para os máis pequenos e unha sesión vermú e verbena co Dúo Caramelo
Avanza a tramitación do eixo eléctrico Maciñeira-Naraío, clave para impulsar novos proxectos nas Pontes e Ferrol
O nó permitirá dispoñer de 400 megavatios de capacidade para proxectos industriais e centros de datos, ao tempo que facilitará a incorporación de novas fontes renovables
As Pontes acollerá o Campionato de España de IPSC na modalidade Handgun
A localidade coruñesa será escenario do 3 ao 6 de setembro dunha importante cita deportiva que reunirá participantes procedentes de todo o país
Recollen doazóns de sangue nas Pontes este mércores
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carmen
Sete padexeiras das Pontes participan en Francia no Festival Internacional de Dragon Boat
A cita internacional reúne máis de 320 equipos, todos eles formados por mulleres superviventes de cancro de mama
A iniciativa Xogade Coas Motos estará este sábado nas Pontes
Será no Circuíto Municipal de Karting durante todo o día, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas
A xeración pontesa de 1977 pon xa rumbo aos 50 cun gran reencontro
O encontro desenvolverase na área recreativa Xosé Ferro, no espazo situado entre a caseta do polbo e o hexágono
Rematan as obras de reparación da ponte pontesa sobre o Chamoselo en Pedrafita
A intervención consistiu na demolición da antiga estrutura e na construción dunha nova ponte de formigón armado
Alberto Meira impón o seu ritmo no Rallyshow das Pontes ante máis de 12.000 afeccionados
O piloto de Skoda Fabia R5 levou a Gran Final por diante de Manuel Senra e Jorge Pérez nunha xornada marcada pola presenza de lendas como Stig Blomqvist, Miki Biasion, Petter Solberg e Luis Moya
O Club Baloncesto As Pontes abre as inscricións para a XVII edición do seu Campus de Verán
O campus desenvolverase entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, en horario de 10.00 a 18.00 horas, e está destinado a participantes de entre 8 e 18 anos
A Fundación RIA impulsará unha convocatoria para apoiar proxectos vinculados ás Fragas do Eume
As propostas que resulten seleccionadas recibirán apoio económico, acompañamento técnico durante o seu desenvolvemento e respaldo na difusión e comunicación das iniciativas
As Pontes destina 40.000 euros a unha nova edición do programa de axudas ao emprendemento local
As persoas autónomas e pequenas empresas poderán optar a subvencións de ata 4.000 euros para gastos de alugueiro e investimentos necesarios para iniciar ou consolidar a súa actividade
Un home sobe á cheminea de As Pontes na procura da mellor fotografía da eclipse
Accedeu de madrugada ao recinto da antiga central térmica e foi localizado polos servizos de seguridade cun dron antes de baixar pola súa conta
Eventos
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
Lago Sport busca apoio para seguir medrando cun proxecto que xa reúne 17 equipos
O club pontés abre a campaña do carné simpatizante para a tempada 2026/27 e reivindica unha estrutura que vai desde a base ata o sénior, con especial aposta polo fútbol sala feminino e a inclusión
A eclipse na comarca da Terrachá: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A Terra Chá situaranse entre as zonas de Galicia con maior duración da eclipse total, cun fenómeno que superará o minuto e medio en boa parte do territorio
A Copa de España de Minivelocidade reúne esta fin de semana en As Pontes ás futuras promesas do motociclismo
O circuíto pontés acollerá os días 8 e 9 de agosto unha nova proba do campionato nacional con pilotos das categorías Mini GP, Minimoto e MotoMini Spain
O Gran Premio Vila das Pontes celebra a súa XXXVI edición como unha das citas históricas do tiro ao prato en Galicia
A S.D. Pena da Revolta reunirá este domingo a tiradores de distintas categorías nunha competición de foso olímpico xa consolidada no calendario autonómico
O tiro ao prato volverá citarse nas Pontes co II Gran Premio Tutiro
A competición disputarase este sábado no campo de tiro da Pena da Revolta e será puntuable para o ascenso de categoría en Galicia
Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura y Susana Seivane pondrán música á eclipse solar total
A Deputación da Coruña organiza catro concertos gratuítos en Valdoviño, Muros, As Pontes e Fisterra para acompañar un fenómeno astronómico que non se repetirá en Galicia ata o ano 2180











